miércoles, 28 de octubre de 2015

Os Cromos das Estrelas do Fútbol da Costa 13/14

Os cromos das estrelas do Fútbol da Costa de Quepasanacosta.gal. Portada do álbum.

Hoxe publicamos unha entrada un tanto diferente ao que estamos acostumados. Unha fermosa iniciativa por parte do portal Quepasanacosta.gal de mesturar cromos e fútbol de categoría rexional.

Situamos os feitos na maravillosa Costa da Morte. Sempre que pensamos en cromos, pensamos nas grandes estrelas do fútbol mundial. Pero nesta emotiva iniciativa levada a cabo polo diario dixital da Costa da Morte, Quepasanacosta.gal, os protagonistas eran os rapaces da zona. Xogadores das modestas Ligas de Preferente, 1ª e 2ª Autonómica. 

Os cromos das estrelas do Fútbol da Costa de Quepasanacosta.gal. Páxinas adicadas ao SD Camelle.

Momento no que se fotografían ós futbolistas para os cromos.

Foi na tempada 2013-2014 cando nacía o primeiro Álbum do Fútbol da Costa. Un feito que só refrenda o potencial social deste deporte na zona, demostrando que trascende do meramente deportivo. Xogadores como o dumbries Iago ou ou ceense Leo son case máis coñecidos polos cativos da zona que os Lucas ou Nolito. Polo feito de saír no álbum e ser importantes protagonistas da categoría, convertéronse en auténticas estrelas do fútbol paraos rapaces e adultos que coleccionan os seus cromos. Caros vendíanse os seus cromos.


Foron máis de 1000 os Álbumes vendidos, e máis de 100 persoas as que confirmaron que completaron o álbum. Nenos, familiares ou os propios futbolistas disfrutaron coleccionando. A Liga da Costa recordouse coma aqueles Mundiais no que era imprescidible completar o álbum do torneo para coñecer as diferentes selección e disfrutar moito máis do campionato. Un Mundial sen cromos non era un Mundial, e a Liga da Costa sen cromos non foi Liga.


Dar as gracias a Quepasanacosta.com e a Ubaldo Cerqueiro en particular pola redacción da entrada e por chegarnos a este blog unha historia fermosa relacionada co mundo dos cromos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario