viernes, 24 de diciembre de 2010

As dúas dobles imaxes de Este 10/11: David Villa e Canales

Liga 10/11 de Editorial Este. Dobles imaxes de David Villa e Canales. Anversos dos cromos.

Como adoita ser costume, cada tempada Ediciones Este deixanos unhas mostras da súa maxia e magnetismo en forma de dobles imaxes, ou en algúns casos de erros coas súas correspondentes correccións. Este curso non houbo ningún erro corrixido (pese a aparecer mal escritos os nomes de Aranburu e Agirretxe), pero si un par de dobles imaxes, que para pena dos máis expertos coleccionistas, volven a aparecer mostrados en cromos do Barcelona e do Madrid.

Liga 10/11 de Editorial Este. Anverso da 1º imaxe. Villa é a última Fichaxe Nº1.

As dúas primeiras imaxes saíron na 1º edición. Villa aparece na presentación coma xogador do Barcelona dando toques no Camp Nou, e é o cromo Última Fichaxe Nº1.


Liga 10/11 de Editorial Este. Anverso da 2º imaxe. Villa é a última Fichaxe Nº1.

Na 2º imaxe Villa, aparece xogando xa un partido no Camp Nou cobarcelona. En ámbolos caso, e a diferencia de Canales, ningún dos dous cromos de Villa é unha fotomontaxe.

Liga 10/11 de Editorial Este. Anverso da 1º imaxe.

Canales é un cromo que aparece dentro da plantilla do Madrid, non é nin fichaxe nin coloca.
a súa primeira imaxe é unha fotomontaxe bastante cutre e coa equipación da tempada 09/10.

Liga 10/11 de Editorial Este. Anverso da 2º imaxe.

A segunda imaxe é real, coa equipación desta tempada e durante un partido. O que segue a ser unha fotomontaxe é o balón que aparece coma un pegoter soleado, nun partido desputado durante a noite e baixo os focos.

Liga 10/11 de Editorial Este. Reverso das dúas imaxes de Villa.

En ambos casos, tanto no de Villa coma no de Canales, a foto Carnet da parte esquerda do cromo correspondese nas dús imaxes. No caso de Canales é unha fotomontaxe, aparecendo coa camiseta da tempada pasada.

Liga 10/11 de Editorial Este. Reverso das dúas imaxes de Canales.

Tamén en ambos casos coinciden os reversos dos cromos, que non cambian en ningún aspecto.

sábado, 11 de diciembre de 2010

Nº4 Ricardo .- Ficha errónea e correxida (Las Fichas de la Liga 96-97 de Mundicromo)

Las Fichas de la Liga 96/97 de Mundicromo. Anversos da ficha errónea (esquerda) e da correxida (dereita).

Hai coleccións que son sempre especiais para un coleccionista, e Las Fichas de la Liga 96-97 é unha delas. seguramente a mellor colección de tódalas editadas pola empresa murciana, daba un xiro radical ao seu concepto de colección que con tanto éxtio comezou a súa andaina no ano 94.

Maior número de fichas; escudos e plantillas de cada equipo (coa incorporación do índice), un número enorme de Última Hora, e en moitos casos, varias fichas por casilla, para crear unha colección completa, series especiais (Los mejores, Superstars e 2º división).

Foi o comezo dunha nova etapa para MC, onde viviría os seus anos máis dorados a partires desa tempada, denominada coma La Liga de las Estrellas.

Dentro dunha colección de Mundicromo non podía faltar as xa tan famosas fichas erróneas e correxidas, que por aquela época aínda tiñan un gran sentido, e non se convertiron nun auténticvo circo de errores (baixo a miña opinión, provocados), e unha ruleta de versións que parece non ter fin e que so son aptas para os máis pacientes e fanáticos da colección (cada vez menos).



Las Fichas de la Liga 96/97 de Mundicromo. O reverso da ficha é o mesmo para as dúas fichas

A ficha da que nos ocupamos hoxe é a nº4 Ricardo, en aquel momento un porteiro xoven, que apenas contaba con oportunidades no Atlético de Madrid debido ao gran momento de forma de Molina.


O curioso é que nunha primeira edición, en vez de aparecer no anverso da ficha a imaxe de Ricardo, aparece a de De la Sagra (imaxe da esquerda), por aquel momento xogador do filial atlético, pero que se marcharía ao Barça B, nesa mesma tempada.

O erro foi corrixido e a imaxe de Ricardo ocupou a maioría de ficheiros desta xa histórica colección, quedando para os expertos e amantes esta xoia dificil de conseguir, e que gracias a un bo forero de Cromosdefútbol podo lucir fachendoso na miña colección.

viernes, 3 de diciembre de 2010

483 Calatayud (Megacraks 06-07): O espírito do cambio

Megacraks 06/07 de Panini. Anverso da ficha. Calatayud é a ficha 483 "Nuevo Fichaje".

Despois de moito tempo de parón, volvemos con forzas e enerxía, despois das numerosas mostras de cariño e afecto mostradas por numerosos visitantes deste humilde blog.
Foi un tempo que serviú para reflexionar e decidir cal ía a ser o futuro do blog.

Estreamos esta volta, cunha das fichas que mellor representan este espírito de volta. Foi na xa tan repetida en outras ocasións tempada 06-07. Despois da rematar as dúas coleccións de Este que fixen nesa tempada, decidín comezar, a para min completa descoñecida, colección de Megacracks. Apetecíame facer unha colección de fichas, e tras comprabar o espectáculo circense no que se había convertido Mundicromo, decidín apostar polas fichas de Panini... a tempada seguinte piquei e fixen as tres.

A ficha en cuestión foi a 483 Calatayud, que formaban parte da serie últimos fichaxes da colección Megacracks 06-97. Recordo exactamente o momento e o lugar no que vín por primeira vez esta ficha saír do sobre vermello. Nese momento dinme conta que o que empezou sendo unha experencia puntual dunha tempada despois dun "ataque repentido de tolemia", íbase a convertir nunha aficción que aínda que vai perdendo paixón pouco a pouco, segue a sendo un dos motores da miña vida.

Nunha típica presentación veraniega, o seu aspecto e a súa vestimenta fixo pensar en todo isto.

Megacraks 06/07 de Panini. Reverso da ficha. Calatayud é a ficha 483 "Nuevo Fichaje".

Centrándonos un pouco na personaxe dicir que Juan Calatayud Sánchez (21-12-1979 Antequera, Málaga), debuta en primera división na tempada 03-04 contra o Athletic Club despois de formarse nas categorías inferiores do conxunto malacitano e de xogar un tempada cedido no Alxeciras.

Marcha ao Getafe CF na 05-06 despois de descender co Málaga na tempada anterior. Despois de realizar grandes partidos (pesa a xogar tan só 13) marcha ao Racing de Santander no 06. En Santander está á sombra de Toño xa que en dúa tempada tan so xoga 7 partidos (todos na 06-07).

Ficha polo Hércules, club no que aínda continúa, sendo titular induscutible a pasada campaña na que os alacantinos lograron o ascenso.

Co espírito da ficha de Calatayud queremos comezar esta nova andaina no blog, espero contar de novo co vosos apoio incondiciona.