martes, 21 de septiembre de 2010

Christian Riganò

Play Liga 07/08 de Panini.Anverso da ficha

Christian Riganò (25/05/1964 Lippari, Italia). Típico dianteiro tanque goleador italiano, que tivo unha prolífica carreira no Calcio, e unha esperiencia agridulce no extranxeiro, en concreto no Levante. Actualmente se encontra sen equipo tras rescindir o seu contrato co Cremonese.

Comezou a súa carreira futbolística nun clube de afecionados italianos, o Lipari. O seu bo facer, co que respondeu con goles, fixo que se fixasen nel en 1997 : o ACR Messina que por aquel momento estaba a competir na Serie D italina (categoría na que se encontra hoxce en día, despois de haber alcanzado a Serie A, na 2006-07. Despois dunha campaña irregular, e despois de desputar 29 partidos e anotar 3 goles, Riganò fichopu por outro clube da Serie D italiana, onde si que demostraría e a súa valía conseguindo goles decisivos para o seu equipo. Este clube foi o Igea Virtus, onde despois de 50 partidos entre 98 e 2000, Christian anotou 28 goles.

Estes datos foron claves para que Riganò firmase o seu primeiro contrato coma profesional no Taranto. Foi a estrela do equipo, e con 14 goles axudou dunha maneira importantísima ao ascenso do Taranto á Secie C1, onde na tempada seguinte 2001-02, conseguíu ser o máximo goleador da competición con 27 goles.

Estes datos fixeron que a Fiorentina se fixase nel, e se convertese na bandeira dos viola, para intentar recuperar canto antes a Serie A, debido ao desenso que sufríu á secie C2 no 2002.
Nesa tempada na Serie C2 conseguíu unha cifra espectacular, anotou 32 goles en 30 partidos...notábase que Christian Riganò estaba a crecer coma futbolista e que a C2 se lle quedaba moi pequena. Despois dunha tempada non tan destacable coma a anterior, os florentinos conseguiron outro ascenso consecutivo, esta vez á Serie B, onde Riganò anotou 23 goles en 40 partidos, e sumou o terceiro ascenso consecutivo.

Las Fichas de la Liga 2008 de Mundicromo. Anverso da ficha

Debuta na Serie A con 30 anos na tempada 2005-06. Non contaba demasiado na Fiorentina, e é cedido ao Empoli, onde en 33 partidos anota 5 goles.

No verán do 2006 a Fiorentina traspasa a Chritian ao Messina, xa na Serie A. Co Messina Riganò xogou 27 partidos en liga,m xa que estivo tres meses papratados por unha lesión, e aínda así conseguíu ser o terceiro máximo goleador da Serie A con 19 goles.

Megacraks 07/08 de Panini. Anverso da ficha. Riganò é a ficha 161 Bis e vai no mesmo recadro que Álex Geijo.

Os datos goleadores fixeron que a UD Lebvante se fixese cos seus servicios para desputar a tempada 2007-08. O Levante viña de salvar o descenso con apuros na tempada anterior, e preparou un proxecto para intentar ter unha tempada tranquila. Ao fichaxe de Riganò sumouse o de marco Storari, Álex Geijo, Vladan Kujovic, Miguel Ángel, Pedro León, Bruno Cirillo, Savio, emilio Viqueira, Robusté y Shota Arveladze, que se unián aos compañeiros que quedaran da tempada pasada.

Liga 07/08 de Editorial Este. Riganò é a última Fichaxe Nº46

O ano foi un auténtico desastre no Levante, xa que debido a enormes problemas económico e institucionais o equipo perdeu o rumbo, xa que permaneceu toda a tempada sen cobrar. A metade de tampada moitos xogadores marcharon debido a esta situación, e entre eles Christian Rigano. A pesar de todo Riganò non o fixo mal de todo, e con 13 partidos xogados chegou a anotar 4 goles...conseguindo un hat-trick fronte ao Almería, e mandando un balón ao pao despois dunha espectacular chilena.

Regresou nesa metade de campaña 2007-08 ao Calcio, en concreto ao AC Siena en condición de cedido polo Levante, onde xogou 17 partiods e anotou un só tanto.

Las Fichas de la Liga 2008 de Mundicromo. Reverso da ficha

Ao final da campaña rescindíu o contrato que o vinculaba ao conxunto levantino, e fichou polo ternana da Serie C1 italiana, en busca dunha nova inspiración goleadora. pero tras 5 partidos, rescindoe co ternana o seu contrato en novembro do 2008.

no mercado invernal da 2008-09 ficha por outro clube da serie C1: o cremonese, onde tampouco tivo sorte e tras desputar 6 partidos e anotar un gol, abandona a final de tempada con 35 anos.

Megacraks 07/08 de Panini. Reverso da ficha. Riganò é a ficha 161 Bis e vai no mesmo recadro que Álex Geijo.

Aquí deixo dúas mostras da súa capacidade goleador: Vídeo1 Video2

Éste seguramente sexa o mellor gol da súa carreira.