sábado, 31 de julio de 2010

Demis Nikolaidis

Liga 03/04 de Ediciones Este.

Demis Nikolaidis (17/09/1973 Giessen, Alemaña).

Para os máis iletrados, seguramente Nikolaidis queda na súa memoria coma un dianteiro centro do montón, cunha carreira futbolística que pasou sen pena nin gloria...só teño que dicir que o Atlético de Madrid disfrutou seguramente a un dos mellores xogadores gregos da historia, e un dos grandes diantieros centro do fútbol europeo dos últimos 20 anos.

Ariete goleador, gran traballador, e sacrificado ate as últimas consecuencias, para lograr a victoria do seu equipo.

Comeza a súa carreira futbolística cando so era un mozo no Ethnikos Alexandroupolis, modesto equipo de fútbol grego, do seu pobo. Con 20 debuta co Apollon, despois de que numerosos técnicos se fixasen nel. No Apollon permaneceu dúas tempadas (94-95 e 95-96), xogando 80 partidos e logrando anotar 38 goles.

A súa gran actuación, provocou que os grandes clubes gregos, Olympiakos FC e Panathinaikos FC, intentasen a súa fichaxe. Pero Demis mostrouse durante toda a súa carreira coma un home que defende os seus principios por enriba de todo, e marchou en 1996 ao club dos seus amores: o AEK de Athenas.

Convertiuse na aténtica estrela do AEK. Durante as tempadas que permaneceu no clube grego, conseguíu uns números impresionantes: 177 goles en 266 partidos (en liga 125 goles en 177 partidos), máximo goleador dun equipo grego en competicións europeas ( 26 goles en 51 partidos), máximo goleador da Super Liga de Grecia na 98/99, máximo goleador da Copa da UEFA na tempada 00-01. Ademáis durante ese períodoanotou en dúas ocasións 5 goles nun único partido, e é o único xogador grego en anotar 4 goles nun partido de competición europea.

Gañou en 3 ocasións a Copa de Grecia e nunha ocasión a Supercopa de Grecia de 1996.
En 2002 recibíu o trefeo Fair Play da UEFA, xa que pedíu que un gol seu non subise ao marcador por habelo anotado coa man, na final de Copa.

No ano 2003 ficha polo Atlético de Madrid, despois de manter grandes diferenzas co presidente do AEK: Makis Tsomiadis. En MAdrid, faise moi amigo de Fernando Torres, xa que nalgunha entrevista condfesou que non se perde ningún partido del...tampoco se perde os do Atlético de Madrid. No Atlético non tivo sorte coas lesións. Empezou a temporada a un gran nivel, anotando goles importantes, pero pouco a pocuco e debido a contínuas lesións foi perdendo protagonismo no equipo.
En total anotou 6 goles en 22 partidos de Liga.

Ao rematar a tempada, sorprendentemente retirouse do fútbol despois da Euro´04 , e con 31 ocupou a presidencia do AEK, despois de que Makis Tsomiadis, fora acusado de fraude.
Mantívose no cargo ate Novembro de 2008. Hoxe en día o AEK, vive nunha delicada situación económica, e Nikolaidis está no centro da polémica de todas estas críticas.

Coma xogador da selección gregsa, desputou un total de 54 partidos, chegando a anotar 17 goles. Debutou no ano 1995 nun partido fronte a Rusia. En 1999 Nikolaidis retirouse da selección xuntoa outros dous xogadores: Michalis Kasapis e Ilias Atmatsidis, debido a unha polémica sucedida na Super Liga grega.

Regresou á selección no ano 2002, depois de que o adestrador Vasilis Daniil.

O adestrador Otto Rehhagel, convertíu a Nikolaidis, no protagonista do ataque grego, e éste respondeulle con goles. Conseguiron a clasificación directa para a Eurocopa de Portugal do 2004, e pese que Nikolaidis chegou moi xusto despois do difícil ano do grego coas lesións no Atlético de Madrid, o adestrador alemán, confiou nel.

O resultado foi a brillante victoria de Grecia. Demis participou nos tres encontros da fase de grupos, nos que lle gañaron 2-1 a Francia, empatou a 1 con españa, e perdeu 2-1 contra gracia. Os dianteiros titulares foron Vryzas e Charisteas. Participou coma titular na victoria de Grecia sobre Francia (1-0), nos oitavos de final.

Aqui deixo algunha mmostra do seu gran olfato goleador, e das paixóns que desperta no AEK.

lunes, 26 de julio de 2010

Official Quiz Game Collection 2010-2011 de Mundicromo

Porta da colección Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.

Coma a tempada pasa, Mundicromo volve a editar a súa colección máis flamante en formato Quiz. Despois de que Panini conseguira a licencia exclusiva de cromos e fichas da LFP, Mundicromo tívose que buscar a vida, e sacar proveito dun formato que non entrara dentro das competencia da licencia adquirida pola empresa italiana.

Gurpegui de Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.

Coma o ano pasado, Mundicromo foi a editorial que máis madrugou, e sacou a súa colección a última semana de xullo, cun formato idéntico ao do ano pasado, colección da que xa falaramos no seu momento en Historias de Cromos.

Messi de Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.

A imaxe do xogador en acción no anverso da ficha, e no reverso os seus datos persoais, e unha pregunta, con catro solucións (a verdadeira aparece remarcada).

Ficha Top Villa brillante con fondoazul e verde de Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.

Ate o momento Mundicromo só editou a primeira edición, onde entraron algunhas fichas dos xogadores, algúns entrenadores, escudos brillantes, supersatars en mate, e Top´s brillante con dúas variantes de cor. Conformando esta primeira edición menos de 300 fichas.

Bono Balón de Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.

Tamén apareceron algúns bonos típicos. E coma o ano pasado o tablero de xogos, coas instruccións para poder realizar varios xogos coas fichas.

Guardiola de Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.


Seguro que a segunda edición estará xa pronto nos kioskos, con máis fichas, máis cores nos Top, e seguro que algunha sorpresa made in Mundicromo.

Ficha Top Villa brillante con fondo vermello de Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.

Como primeiro prato desta apetecible colección, a aparición dalgunhas fichas erróneas...e tamén da correción de ditas fichas, o que provoca moitos debates e discusión sobre a seriedade da empresa murciana, sobre este tipo de fichas, e os eu tratamento de cara ao público.

Sobre da colección Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.


Sempre querida ou odiada...pero o que non se pode discutir q que a colección bandeira de Mundicromo segue a ser un referente dentro do coleccionismo de cromos e fichas.

Ficha Superstar de Griezmann mate de Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.

De aqui en diante, aínda nos esperan moitas fichas, versións, erros, correcións, a edición Platinum, e demáis detalles típicos desta colecciónque manten a esencia de todos os anos.

Dudek de Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.

Ficha do estadio reyno de Navarra de Official Quiz Game Colleciton 2010-2011 de Mundicromo.

Qué fara Este e Panini? Atacaran pronto coas súas coleccions coma o ano pasado? Ou polo contrario agardarán ao 14 de agosto? O tempo dirá.

viernes, 23 de julio de 2010

Lionel Potillon

Liga 03/04 de Ediciones Este. Potillon é un Coloca que se sitúa no mesmo recuadro que Jauregui.

Lionel Potillon (10-02-1974 Cluny, Francia).

Defensa central cun bo físico, e con criterio a hora de sacar o balón xogado. Súmabase ao ataque nas xogadas a balón parado.

Potillon é un claro exemplo de xogador extranxeiroque fracasou rotundamente na Real Sociedade dende finais do S XX e principios do XXI, onde só se salvan uns cantos nomes, coma os de Kovacevic, Nihat, Sa Pinto, Westerbeld ou Kvarme.
Forma parte dende o 1991, dun equipo modesto francés chamado Louans-Cuiseaux.

En 1994, ficha polo equipo no que máis destacaría, e máis tempadas xogaria: o AS Saint-Etienne. No clube onde se deu a coñecer ao mítico Platini, Potillon xogaría dende o ano 1994 ate o 2001. En total desputou 190 partidos, chegando a anotar en 9 ocasións.

No 2001 deu o salto a un dos "grandes" de Francia: o Paris Saint Germain. No clube do Parque dos Príncipes, xogaría 53 partidos en dúas tempadas.

Os bos cursos realizados na Ligue 1 fixo, que a Real Sociedade se fixase nel, no verán do 2003, despois de deixar escapar a Liga nas últimas xornadas da 2002-03.

Seguramente fóra unha fichaxe recomendada polo técnico francés Raynald Denoueix, que querría apuntalar a un equipo, para facerse forte tanto en Liga coma en Champions League.

A Real Sociedade acabaría nun decepcionante 15º posto (despois de quedar 2º en Liga a dous puntos do 1º), quedando tan só a 5 puntos do descenso, e con 30 puntos menos que a tempada anterior (76 puntos da Liga 2002-03, por 46 da 03-04).

En Champions quedaría eliminado en oitavos de final polo Olympique de Lyon por un doble 1-0. Na Liguilla, a Real Sociedade pasaría a oitavos de final, coma segunda de grupo, quedando por detrás da grandísima Juventus de Torino. O grupo completábao o Galatasaray e o Olympiakos (3º e 4º respectivamente). Nesa Champions Potillon xogou na victoria da Real Sociedade en Estambul (1-2), e na derrota en Delle Alpi por 4-2, xogando os dous partidos coma titular e os 90 minutos.

En Liga desputou 20 partidos, 18 dos cales foron coma titular, e os 18 xogounos completos. Amosáronlle 5 cartóns amarelos.

Ao rematar a tempada, e coa marcha de Denoueix, Potillon no tivo sitio no clube donostiarra e regresou a Francia, esta vez ao FC Sochaux-Montbéliard, onde desputou un total de 35 partidos e chegou a anotar un gol, en tres campañas.

Ao finalizar a 2006-07 decide colgar as botas.

Páxina oficial de Potillon no Sochaux.

lunes, 19 de julio de 2010

South Africa 2010 Fifa World Cup - Official Sticker Album de Panini

Portada de la colección.

Seguramente la colección más conocida del mundo, y la más esperada por los coleccionistas, y no tan acérrimos a los cromos, durante 4 largos años.

Toure Yaya.

Nikola Zigic.

Su formato de cromos fotomatón, es muy criticado, pero sin duda alguna, vence con facilidades a colecciones tipo tradding cards como los Adrenalyn XL, Mattch Attax Estrellas Mundiales, y otras colecciones de cromos no tan conocidas, debido a la facilidad para acabarla (eso si, teniendo que comprar bastante), el atractivo de ser una colección "tradicional" y de su fuerte campaña publicitaria.

Wayne Rooney.


Felipe Melo.

El anuncio lo ponían antes de cada partido del Mundial en Canal+. En Telecinco no recuerdo si lo echaban.

Reverso de la portada, con los dos cromos especiales brillantes 00 y 000.

Para este Mundial, la colección Oficial de cromos, editó al comienzo un total de 640 cromos, que se dividieron del siguiente modo. Dos cromos especiales (00 y 000), que son el logo del Fair Play, y el símbolo característico de Panini (un jugador de fútbol, rematando un balón de bolea). 9 cromos típicos que sirven de presentación al Album (Logo, Cártel del Mundial, Balón, Mascota, Trofeo, Slogan del Torneo).

Páginas de los estadios.

Después 20 cromos de los estadios de fútbol (cromo doble para cada estadio). Las 32 selecciones estarían estructuradas de la siguiente manera: un cromo de la plantilla, una del escudo de la Federación correspondiente (cromo Brillante), y 17 cromos de jugadores.

1ª página del album.

Como novedad en este Mundial, no se han hecho cromos dobles, de la selección de menor potencial, si no que todos los cromos representaban a un sólo jugador, independientemente de la selección en la que jugase.

Última página con el cromo del trofeo y calendario del torneo.

Por último, donde viene el calendario (al final el album), editaron un cromo que representa el triunfo, y que aparece representado como unas manos que levantan el trofeo de la Copa del Mundo.

77 cromos baja.

3 bajas sonadas: David Beckham, Ronaldinho y Nani.

Como siempre ocurre, muchos de los jugadores que se editaron en la colección (allá por el mes de abril), no han sido convocados para el Mundial, ya sea por lesión o decisión técnica.

Este año en concreto han sido 77 jugadores que tienen su cromo en la colección, que no han acudido a Sudáfrica.
Para ello, Panini editó 10 láminas con 77 cromos de jugadores que sirven de actualización para el álbum y que se colocan sobre los cromos baja, al más puro estilo de los colocas de Este. Lo han sacado al mercado como un pack, de 10 láminas de 8 cromos cada una, al precio de 5€.

Páginas de Ghana.

Páginas de Grecia.

Para completar esos tres huecos que quedaban libres en la láminas, editaron tres cromos, que son: la portada del álbum, el logo de Panini y el símbolo característico de Panini que ya se ha comentado al principio de la entrada.

Gelson Fernandes

Mark van Bommel.

Han salido en otros países demás cromos extras, que para no divagar más, al que le interese, puede consultarlo en el blog de nuestro compañero de Mis Colecciones de Álbumes.

Páginas de Chile.


Vicenzo Iaquinta.

jueves, 15 de julio de 2010

Iñaki Hurtado

Liga 94-95 de Panini. Anverso del cromo.

José Ignacio Hurtado Capilla (26/02/1976, Logroño). Iñaki foi unha das máis firmes promesas futbolísticas de príncipio das década dos 90.

Centrocampista incansable, e recuperador de moitos balóns. Afogaba aos rivais cunha boa presión. Pódese dicir que era un centrocampista todoterreo.


Formouse nas categorías inferiores do CD Logroñés, clube co que debuta na 1º división con tan só 17 anos. Foi na tempada 88-89, onde desputou 63 minutos repartidos en 2 partidos. A tempada 89-90 vai a xogar tan só 6 minutos.

Xoga cedido no Numancia na tempada 90-91. Ante a falta de oportunidades no Logroñés, e que aínda é un xogador moi novo, decide cambiar de aires, e o Real Valladolid fíchao o verán do 91. Estuvo dúas tempadas xogando no Valladolid B, salvo en ocasións puntuais, onde foi chamado polo primeiro equipo. En dúas tempadas tan só xogou 30 minutos nun partido da 90/91 en Liga co primeiro equipo.


A tempada 93-94, foi a da súa explosión en 1º división. Esa tempada o equipo de Pucela quedaría penúltimo clasificado, salvando a categoría gracias a derrotar na promoción ao Toledo, tras perder 1-0 no Salto del Caballo na ida, e golear 4-0 no José Zorrilla no partido de volta.

O Real Valladolid desa tempada 93-94, foi unha mestura extraña de xogadores. Nese plantel Iñaki compartíu vestiario con homes coma Amavisca, Alberto, "Chuchi" Macon, Iván Rocha, Najdoski, Manuel Alfaro, Cuaresma, Walter Lozano, Damián, Xabi Gracia, Lozano, Baraja, Ramón, Txelis, Miguelo, Martín ou Correa entre outros.


Las Fichas de la Liga 94-95 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

Iñaki foi do mellor do equipo na Liga (xunto a outros coma Alberto ou Amavisca, que acabaría fichando polo Real Madrid). En Liga xogou un total de 20 partidos (14 coma titular), chegando a anotar un gol.


Liga 94-95 de Este. Anverso del cromo.

O curso seguinte non ía a ser moito mellor para o Real Valladolid, xa que nesa tempada 94-95 acabaría clasificado na penúltima posición, salvado tan só polos descenso fantasma do Celta e do Sevilla, por non presentar os aváis necesarios para participar na Liga, aínda que despois non se consumarían tales descensos que provocarían unha Liga de 22 equipos ate a tempada 96-97 "La Liga de las Estrellas". Iñaki foi o mellor do equipo, e con 2629 minutos xogados en 35 partidos de Liga, convertiuse no futbolista que máis minutos desputou no Valladolid esa tempada. Estaba visto que Iñaki iba a dar o salto a un club de maior nivel, xa que posuía unha cualidades moi boas para un xogador da súa idade, e finalmente o Valencia fíxose cos seus servicios, no verán do 95.


Liga 95-96 de Panini. Anverso del cromo.

O Valencia CF, formou un plantel para tratar de volver a Europa, e para iso fichou a xogadores coma Viola, Patxi Ferreira, Sietes ou o noso protagonista.


Las Fichas de la Liga 96-97 de Mundicromo. Iñaki comparte recadro con Goran Vlaovic. Anverso e reverso da ficha.

Iñaki permanecería no Valencia tan só dúas tempadas, nas que non tendría moitas oportunidades, nin con Luis Aragnés, nin posteriormente con Jorge Valdano, e tras haber xogado tan só 625 minutos en Liga nas dúas tempadas (en 25 partidos), abandona o club ché, e ficha pol oVillarreal CF da 2º división.

Liga 95-96 de Este. Anverso del cromo.

En Vila-Real atoparíase cun grupo moi forte, que acabaría ascendendo ao derrotar na promoción á SD Compostela (0-0 e 1-1), nunha dramática promoción que non fixo xustiza ao visto no terreo de xogo. Coinicidiu con ex-valencianistas coma Andrés Palop, Arroyo, Javi Prats, Serer ou Robert Fernández, o que nos demostra a gran complicidade que existía entres os dous clubes nese momento...hoxe en día a situación non é a mesma nin moito menos.

Aparte deses nomes, xogaron con eé no Villarreal: Paco Salillas, Pascual, Thomas Christiansen, Javi Sanchís, Aitor Arregui, Quique Medina, Alberto Saavedra, Ángel Luis, Faizulin, Milojevic, Soto, Lakabeg, Parra, Nico Hernández...o Villarreal queda 4 clasificado na temporada, e Iñaki Hurtado convértese nunha peza clave desa gran tempada.



Las Fichas de la Liga 98-99 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

Xoga un total de 32 partidos, nos que anota un gol. Ao finalizar a campaña, non sigue no Villarreal CF, e ficha por outro clube de 2º división: o Numancia de Soria.

Parece que a historia se repite, xa que Iñaki recala nun equipo formado por un grupo moi forte, onde non hai estrelas, e ninguén destaca por enriba doutro compañeiro. Iñaki volve a ser importante para o equipo, e o Numancia logra o ascenso á 1º división, tras acabar clasificado en 3º posición, pero logra o ascenso directo xa que o 2º clasificado é o filial do Atlético de Madrid.
Xoga en liga un total de 3080 minutos, en 39 partidos (tan só superado en minutos por outro ilustres coma Cacoi Morán, Octavio, Castaño e Ángel Rodríguez), logrando un total de 4 goles. Nese equipo estaban aparte dos citados, Javi Moreno, Palacio, Diezma, Eleder, Barbarín, Quique Medina (o que coincidiu no Villarreal), Pablo Couñago, Cortijo, Herreros...A diferenza ,con respecto ao curso anterior, é que nesta ocasión Iñaki iba a continuar no club co que conseguíu o ascenso: regresaba Iñaki á 1º división. En Soria, Iñaki alcanzou a madurez futbolística, e foi no club onde máis temporadas estivo (4 en total: dúas en 1º e dúas en 2ª).


Liga 99-00 de Este. Anverso del cromo.

Na primeira tempada do Numancia na 1º división, o club conseguíu a permanencia, que foi o obxetivo que se plantexou ao comezo da mesma. Nomes coma os de Álvaro Núñez, Muñiz, Diego Jaume, Belsúe, Iván Rocha (antigo compañeiro de Iñaki no Valladolid), Barbu, Ojeda, Pacheta, Nagore, Rivera, Rubén Navarro, Soria, Jorge Pérez, e cunha menor participación: Gabi Popescu, Manusovich, Moreau e Raúl muñóz, formaron unha plantilla prácticamernte nova á que conseguíu o ascenso.

Las Fichas de la Liga 99-00 de Mundicromo. Anverso e reverso da ficha.

O Numancia, quedou clasificado no posto 17 e salvouse do descenso. Foi a tempada do descenso do Sevilla, Atlético e Betis...e o Dépor campión de Liga con 69 puntos!! Iñaki perdería algo de protagonismo no equipo soriano chegando a desputar en liga un total de 24 partidos (15 coma titular), nos que non chegou a ver portería.


Liga 00-01 de Este. Anverso del cromo.

A tempada seguinte, a participación de Iñaki ía a aumentar moitísimo. Xogou en Liga un total de 37 partidos de Liga (34 coma titular), contando coa confianza dos tres adestradores do Numancia nesa tempada (Francisco Herrera, García Remón e Celestino Vallejo).

O Numancia, cun equipo con poucos cambios respecto aos do ano anterior (Antía, Rosu, Manel, José Manuel, Marini, David pirri, Gustavo, Clavero, Culebras...e algún que outro nome), non logrou conseguir a permanecia e quedou coma último clasificado, eso sí con 39 puntos igualado co Racing de Santader e a tan só 3 do Real Zaragoza que quedou na 17ª posición.

O outro equipo que os acompañou a 2º foi o Real Ovieu...
A tempada seguinte ía a ser moi dura para o Numancia, xa que de empezar tendo coma obxetivo o ascenso, acabou loitando por non descender. Acabou a tan só un punto da zona de descenso, concretamente na posición 17ª. Curiosamente Iñaki, co seu dorsal nº 11 ao lombo, acabou xogando coma home máis adiantado do Numancia. Un total de 37 partidos xogados e un total de 2 goles, indican que ese non é o seu rol no campo, pero o gran traballo realizado, fixo que o Real Zaragoza, que viña de facer unha temporada lamentable, o que desencadeou o seu descenso á segunda división, se fixase nel, para que fora un dos homes que se encargase de devolvelos á 1º división.

Na capital maña, Iñaki non tivo moita sorte nas dús tempadas que estivo, e foi un dos homes criticados pola bancada, incapaz de apreciar o gran traballo dun home de fútbol e talento. En total 20 partidos desputados en dúas tempadas: 10 en segunda división (02-03), e outros 10 en 1º división. Non chegou a anotar en Liga, pero si fixo un gol en Copa do Rey ante a UD Salamanca, o ano no que o Real Zaragoza alcanza o seu 6º título do torneo do KO. Este título, foi o único obtido por Iñaki Hurtado na súa carreira coma futbolista.


Las Fichas de la Liga 95-96 de Mundicromo. Anverso e reverso da ficha.

Volve ao Real Valladolid, para desputar a súa última tempada coma xogador de fútbol. O Valladolid, que baixaba de categoría na tempada 03-04, tentaba recuperar o seu sitio na 1º divisón. Os pucelanos non coseguen o seu obxetivo ate a tempada 2006-07...e esta tempada pasada volveron a descender.

Iñaki Hurtado nesa tempada 04-05 xoga tan só 10 encontros, e ao finalizar a campaña, e con 32 anos decide colgar as botas.

Liga 96-97 de Este. Anverso del cromo.

Un dos xogadores, que menos ruído fixeron pero que sempre que xogou demostrou a súa valía e entrega no terreo de xogo. Sempre quedara a dúbida, se no momento clave da súa carreira o Valencia lle dera máis oportunidades, cal sería o teito dese rapaz de 23 anos.


miércoles, 7 de julio de 2010

Ivan Tomic

Liga 00-01 de Este. Anverso del cromo.

Ivan Tomic (05/01/1976 Belgrado, Serbia). Tomic fue un centrocampista diestro que a mitad de la década de los 90 fue uno de tantos futbolistas que se convirtió en una de las más firmes promesas de fútbol de la ex-Yugoslavia.

En su país juega en el Partizán de Belgrado en el que en 5 años (1993-1998) llega a jugar un total de 82 partidos enel campeonato doméstico logrando la nada despreciable cifra de 24 goles. En esta primera etapa en el Partizán, Tomic logra para su palmarés particular, 4 títulos de Liga y dos de Copa.

Su calidad y saber estar en el campo, provoca que la AS Roma se fijé en él, para lo que comenzaba por aquella época a ser un proyecto ambicioso después de no ganar ningún título desde el año 91.
Pero Ivan Tomic, apenas participa con el club romano y tras estar en la capital italiana 2 temporadas (98-99 y 99-00), en las que apenas participa se ,archa a probar suerte al Deportivo Alavés...eso sí como cedido, ya que los italianos aún confiaban en él.

En Vitoria-Gasteiz, Tomic no defraudó, llegando a jugar en Liga 29 partidos (27 como titular), y anotar 2 goles. Fue titular en la dramática final de la Copa de la UEFA en la que el Alavés perdió 4-5 frente al Liverpool, jugando todos los minutosa de esa final.

A final de temporada regresa de nuevo a la Roma, donde de nuevo sin contar con muchas oportunidades, vuelve al Alavés a mediados de la campaña 2002-03, y aunqué su presencia en el club de Mendizorroza, no fue tan brillante como la primera, jugó en esa media temporada un total de 10 partidos, llegando a anotar un gol. El Alavés acaba descendiendo a 2º división esa temporada.

Ficha la temporada siguiente por el Rayo Vallecano, recién descendido a 2º división, y tras realizar una discreta temporada, con tan sólo 5 partidos jugados, el equipo de Vallecas acaba descendiendo a la 2ºB. Duro final para el Rayo, que en dos temporadas acumuló dos descensos consecutivos.

Tomic regresa en 2004 de nuevo al Partizán de Belgrado, en el que permanecerá otras tres temporadas antes de su retirada con 32 años.

En esa segunda etapa en el Partizá, Tomic acumuló entres temporada (2004-2005, 2005-06 y 2006-07) un total de 51 partidos en Liga en los que anotó 4 goles. Ganó en su última temporada el Campeonato Liguero Serbio.

Con la selección absoluta llegó a jugar 5 partidos. Fue futbolista de la selección sub-18 y sub-21.

En la actualidad forma parte del equipo directivo del Partizán de Belgrado