sábado, 11 de diciembre de 2010

Nº4 Ricardo .- Ficha errónea e correxida (Las Fichas de la Liga 96-97 de Mundicromo)

Las Fichas de la Liga 96/97 de Mundicromo. Anversos da ficha errónea (esquerda) e da correxida (dereita).

Hai coleccións que son sempre especiais para un coleccionista, e Las Fichas de la Liga 96-97 é unha delas. seguramente a mellor colección de tódalas editadas pola empresa murciana, daba un xiro radical ao seu concepto de colección que con tanto éxtio comezou a súa andaina no ano 94.

Maior número de fichas; escudos e plantillas de cada equipo (coa incorporación do índice), un número enorme de Última Hora, e en moitos casos, varias fichas por casilla, para crear unha colección completa, series especiais (Los mejores, Superstars e 2º división).

Foi o comezo dunha nova etapa para MC, onde viviría os seus anos máis dorados a partires desa tempada, denominada coma La Liga de las Estrellas.

Dentro dunha colección de Mundicromo non podía faltar as xa tan famosas fichas erróneas e correxidas, que por aquela época aínda tiñan un gran sentido, e non se convertiron nun auténticvo circo de errores (baixo a miña opinión, provocados), e unha ruleta de versións que parece non ter fin e que so son aptas para os máis pacientes e fanáticos da colección (cada vez menos).



Las Fichas de la Liga 96/97 de Mundicromo. O reverso da ficha é o mesmo para as dúas fichas

A ficha da que nos ocupamos hoxe é a nº4 Ricardo, en aquel momento un porteiro xoven, que apenas contaba con oportunidades no Atlético de Madrid debido ao gran momento de forma de Molina.


O curioso é que nunha primeira edición, en vez de aparecer no anverso da ficha a imaxe de Ricardo, aparece a de De la Sagra (imaxe da esquerda), por aquel momento xogador do filial atlético, pero que se marcharía ao Barça B, nesa mesma tempada.

O erro foi corrixido e a imaxe de Ricardo ocupou a maioría de ficheiros desta xa histórica colección, quedando para os expertos e amantes esta xoia dificil de conseguir, e que gracias a un bo forero de Cromosdefútbol podo lucir fachendoso na miña colección.

4 comentarios:

  1. Fachendoso! Que eres un fachendoso! xDDD

    Un bo gardametas eclipsado sen dúbida por Molina no Atleti...

    ResponderEliminar
  2. Homeee Tonoi!

    Xa queda menos pra vernos.

    Vinieron Skatalites a Compos, una pena que none stiveras por eiquí.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. por que algunos articulos estan en portugues y otros en español

    ResponderEliminar