viernes, 3 de diciembre de 2010

483 Calatayud (Megacraks 06-07): O espírito do cambio

Megacraks 06/07 de Panini. Anverso da ficha. Calatayud é a ficha 483 "Nuevo Fichaje".

Despois de moito tempo de parón, volvemos con forzas e enerxía, despois das numerosas mostras de cariño e afecto mostradas por numerosos visitantes deste humilde blog.
Foi un tempo que serviú para reflexionar e decidir cal ía a ser o futuro do blog.

Estreamos esta volta, cunha das fichas que mellor representan este espírito de volta. Foi na xa tan repetida en outras ocasións tempada 06-07. Despois da rematar as dúas coleccións de Este que fixen nesa tempada, decidín comezar, a para min completa descoñecida, colección de Megacracks. Apetecíame facer unha colección de fichas, e tras comprabar o espectáculo circense no que se había convertido Mundicromo, decidín apostar polas fichas de Panini... a tempada seguinte piquei e fixen as tres.

A ficha en cuestión foi a 483 Calatayud, que formaban parte da serie últimos fichaxes da colección Megacracks 06-97. Recordo exactamente o momento e o lugar no que vín por primeira vez esta ficha saír do sobre vermello. Nese momento dinme conta que o que empezou sendo unha experencia puntual dunha tempada despois dun "ataque repentido de tolemia", íbase a convertir nunha aficción que aínda que vai perdendo paixón pouco a pouco, segue a sendo un dos motores da miña vida.

Nunha típica presentación veraniega, o seu aspecto e a súa vestimenta fixo pensar en todo isto.

Megacraks 06/07 de Panini. Reverso da ficha. Calatayud é a ficha 483 "Nuevo Fichaje".

Centrándonos un pouco na personaxe dicir que Juan Calatayud Sánchez (21-12-1979 Antequera, Málaga), debuta en primera división na tempada 03-04 contra o Athletic Club despois de formarse nas categorías inferiores do conxunto malacitano e de xogar un tempada cedido no Alxeciras.

Marcha ao Getafe CF na 05-06 despois de descender co Málaga na tempada anterior. Despois de realizar grandes partidos (pesa a xogar tan só 13) marcha ao Racing de Santander no 06. En Santander está á sombra de Toño xa que en dúa tempada tan so xoga 7 partidos (todos na 06-07).

Ficha polo Hércules, club no que aínda continúa, sendo titular induscutible a pasada campaña na que os alacantinos lograron o ascenso.

Co espírito da ficha de Calatayud queremos comezar esta nova andaina no blog, espero contar de novo co vosos apoio incondiciona.

2 comentarios:

  1. Eso es!

    Esperabamos una nueva entrada!

    Ahora ´solo te falta cambiar el aspecto del blog, la gran cuenta pendiente.

    ResponderEliminar
  2. Hombre David, que alegría volver a leerte..., seguimos en la lucha.

    ResponderEliminar