viernes, 13 de agosto de 2010

Zé António

Megacraks 08/09 de Panini. Anverso da ficha.

José António dos Santos Silva "Zé António" (14-03-1977 Torres Vedras, Portugal).
Estos días estamos no medio dunha gran borracheira de fichaxes, baixas, partidos de pretempada, ás que se suma a saída á venda das novas coleccións (das que xa informaremos como xa fixemos coa Quiz Game 2010-11 de Mundicromo) e das típicas guías de fútbol.

Las Fichas de la Liga 2009 de Mundicromo. Anverso da ficha.

Son datas de emocións e de moitísimas ilusións que se fan os afeccionados dos equipos ao ver novas caras para afrontar a longa tempada futbolística...aínda que todo isto non vai a acabar ben, xa que moitos das novas fichaxes fracasarán e non demostraran a valía que se prometía na pretempada. Un claro caso deste tipo é o de Zé Antonio, un rocoso defensa central portugués que chegou a Santander no verán do 2008.

Zé António debuta no ano 1994 no Torreense. Neste clube desputará 94 partidos de Liga durante 4 anos (94-98), onde sorprendentemente anota 13 goles. Este bos números fixeron que un dos grandes do país luso, o Oporto, se fixase nel para reforzar a súa zaga nese verán do 98...aínda que nunca chegou a desputar partido algún de liga co Oporto.


Na 98-99 foi cedido ao Leça FC onde xogou 13 encontros, e na 99-00 foi cedido ao Alverca onde tampouco chegou a xogar. parece que no mercado invernal regresou ao Oporto, para formar parte do seu equipo "B".
No ano 2000 regresa ao Futebol Clube de Alverca, esta vez xa coma fichado, e en duas tempadas desputa un total de 50 partidos, onde chega a conseguir dous tantos.

Megacraks 08/09 de Panini. Reverso da ficha.


Marcha ao Varzim Sport Club para xogar a tempada 2002-03. 15 partidos e a súa bagaxe...pero sorprendentemente anota 5 goles, un promedio excelente para ser un xogador defensivo. De novo volve a ter unha oportunidade nun equipo de maior entidade, seguramente motivados polas cifras goleadores que chegou a conseguir no Varzim, e ficha pola Académica de Coímbra. Nos dous cursos que estivo no equipo académico (2003-04 e 2004-05), Zé António xoga 67 partidos e anota 2 goles.

A tempada 2005-06 vai a ser a súa primeira experiencia futbolística lonxe das fronteiras lusas, xa que ficha polo Borussia Mönchengladbach da Bundesliga. Non lle foi mal nos dous primeiros campionatos, xa que xoga un total de 64 partidos e anota 3 goles. En troques na tempada 2007-08 non chega a xogar nin un só minuto co equipo xermano, e marcha cedido á metade de campaña ao Maniaspor turco, onde desputa un total de 12 encontros e anota un gol.

Liga 08/09 de Editorial Este.

No verán do 2008, como xa comentamos ao principio, ficha polo Real Racing Club de Santander por dúas tempadas...a súa participación no conxunto cántabro redúcese a 13 minutos nun partido da Copa do rey frente o Real Murcia.

A situación de Zé António en Santander foi rara e anecdótica, xa que ao finalizar a tempada 2008-09 e despois de comunicarlle que o club non contaba con él, e que se podía buscar unha saída, Zé António decide seguir no Racing na tempada 2009-10...unha decisión un tanto extraña.


Las Fichas de la Liga 2009 de Mundicromo. Reverso da ficha

O xogador foi apartado do Club, quedando sen ficha para esa tempada que estaba a punto de comezar. Despois de varias demandas por parte do xogador, onde reclamaba cartos da súa ficha. Zé António rescinde o seu contrato co Racing en decembro do 2009, permitíndolle buscar un novo clube no mercado invernal.

Ese novo clube foi o Uniao Leiria, co que xogou nesa segunda parte de tampada 2009-10 14 partidos, rematando 9º na Liga Sagres,
e no que todavía continúa.

Destacar que foi internacional sub-21 coa selección portuguesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario