miércoles, 4 de agosto de 2010

210UH.-Trotta: Las Fichas de la Liga 97-98 de Mundicromo

Las Fichas de la Liga 97-98 de Mundicromo. Ficha UH II, que comparte oco coa ficha 210.- David Cano. Anverso da ficha.

Repasando as miñas antigas coleccións de fichas, descubrín unha gran imaxe na colección Las Fichas de la Liga 97-98 de Mundicromo. Trátase da ficha de Roberto Luis Trotta, ficha 310 última Hora II, que ocupa o mesmo recadro que David Cano.

O tema ao que me levou a publicar esto, foi a imaxe na que se ve a Trorra saltando xunto o colchonero Kiko por facerse cun balon dividido...bueno facerse o que se dí facerse tampouco é. Unha imaxe que ben pode resumir o estado de cada un dos equipos. Por un lado vemos o central do peor equipo da historia da Liga (13 puntos e 2 partidos gañados), que máis que ir a loitar, parece que está esperando a que lle caia sen facer o máis mínimo por intentar facerse co seu dominio. Por outro lado, vemos o dianteiro dun equipo que despois de gañar o doblete do ano 96, non deu freado ata estrelarse no ano 200o co duro muro do descenso á 2º división.

Na xogada Kiko aparece facendo un ademán que demostra unha total pasividade ante o lance da xogada, de espaldas ao balón e cunha posición dos brazos que non se explica como puideron poñerse desas forma nesa xogada.

Esa tempada Trotta anotou 3 goles en 18 partidos xogados. Unha gran media, tendo en conta que o Sporting tan só anotou un total de 31 goles, e que se trata dun defensa central que só xogou esa cantidade de encontros.

A partir de ahí Trotta xogou en River Plate (de novo), Atlante, Puebla, Estudiantes de la Plata (unha segunda etapa), Barcelona de Guayaquil e Unión de Santa Fe (nunha segunda etapa tamén), equipo no que se retirou no 2005.

Anteriormete ao Sporting de Xixón xogara no Estudiantes de la Plata, Vélez Sársfield, AS Roma, River Plate, Racing Clu e Unión de Santa Fe.

Las Fichas de la Liga 97-98 de Mundicromo. Reverso da ficha.

Cabe destacar que aínda é a fichaxe máis cara da historia do Sporting, e que ao pouco de chegar tivo porblemas con Tcheryshev, co que incluso chegou ás mans.

Kiko retirouse no Extremadura no 2002 con tan só 30 anos, debidos aos seus problemas cos tobillos. Anteriormente militou durante 9 anos no Atlético de Madrid, onde conseguíu o famoso doblete do 96, xa mencionado con anterioridade.

Deuse a coñece no Cádiz CF. Autor do gol que lle deu a selección olímpica o ouro nos XX. OO. de Barcelona´92.

No hay comentarios:

Publicar un comentario