lunes, 23 de agosto de 2010

Liga 2010-2011 de Ediciones Este

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Portada da colección

Un ano máis non podía faltar a súa cita a colección con máis tradición da Liga, a colección de Este. Dende o ano 73 leva facendo as delicias de milleiros de coleccionistas gracias ao seu atractivo formato, e as ideas que foron evolucionando a medida que foron avanzando as tempadas (leva moitos anos sen avanzar).

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Cromo Nº16 do Barcelona: Lionel Messi. Anverso e reverso do cromo.

Aos tradicionais Cromos Básicos, Baixas, Colocas e Últimas Fichaxes, pódenselle sumar co paso dos días dobles imáxenes, ou algún cromos que saia correxido por algún erro que poida aparecer, creando un ambiente de satisfacción e de intranquilidade ata conseguir tan ansiado tesouro.

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Anverso do cromo de Jokin Caparrós

A colección consta como estes últimos anos dos cromos das 22 plantillas da 1º división, estructuradas de tal maneira: un oco para o escudo e outro para o adestrador, (en disposición vertical) e 16 ocos para xogadores da plantilla (en horizontal), en moitos casos compartida por dous cromos, aos que se lle pode sumar a paraición de Colocas, debido a baixas que poidan xurdir, ou simplemente para completar até o máximo posible as plantillas.

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Páxinas do FC Barcelona

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Cromo Nº11 A e 11 B da Real Sociedade Barcelona: Elustondo e Markel. Anverso e reverso do cromo.

Cada cromo dos xogadores ven polo reverso cun número que vai do 1 ao 16. Se algún comparte casilla, colocase o número cunha A ou B. No caso que haxa un cromo que comparte oco con otro, e sexa baixa, e sae un coloca para sustituílo, éste la a letra C.

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Escudo Rayo Vallecano. Anverso do cromo.

Despois dos 22 clubes, aparecen dúas páxinas adicadas aos 22 escudos da Liga Adelante.

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Última Fichaxe Nº1: David Villa. Anverso e reverso do cromo.

O máis emocionante desta colección son as 60 Últimas Fichaxes. Cromos que transmiten a emoción e ilusión deste deporte, coa posibilidade coma ocurriu a tempada pasada, da edición de Últimas Fichaxes Bis, que son cromos Colocas, pero das últimas fichaxes.

Chicle Liga 2010-11 de Panini Candy.

Páxinas do álbum Liga 2010-2011 dos cromos Chicle Liga 2010-11 de Panini Candy. En total pódense pegar 60 dos 80 cromos que veñen nos chicles.

Este ano os chicles volven a ter protagonismo na colección de Este, e dúas páxinas recollen as 60 pegatinas que veñen con estes. Correspondelle tres a cada equipo: Escudo, amgo e Bomber...máis o tradicional ¿Quien Es? pegatina coa que se poden conseguir premios se adiviñas o nome do xogador que parece, aínda que estas non teñen sitio no álbum. En total 80 pegatinas de chicle.

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Filipe saíu no Dépor (Baixa), e xa editaron o cromo Última Fichaxe no Atlético de Madrid. Anverso dos cromos

Coma colofón, no mes de marzo e abril, repartirán seguramente coa revista Jugón, as láminas cos cromos correspondetes ao mercado invernal +ampliación, dos cromos que non foron editados nun principio, pero si participan na Liga, co seu cadernillo para pegalos e incorporalos ao album.

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Cromo Coloca Nº16 B do Real Zaragoza: Marco Pérez. Anverso e reverso do cromo.

Por agora van tres edicionóns (até aquí so chegaron dúas), cos cromos básicos cubertos ao 100%, os 1º colocas, e avanzando nas últimas fichaxes. o ano pasado houbo 7...este ano cantas haberá?

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Caixas da colección.

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Sobres da colección.

Coma curiosidade as caixas e sobres que repartiron aquí de 1º edición son estreitos, e os de segunda en troques son máis anchos...os outros anos era ao revés, aínda que dependendo do sitio hai uns ou outros, cada vez é un tema menos claro, que aos bos afeccionados nos gusta ter controlado para ter unha orientación da edición que estamos a mercar.

Liga 2010-2011 de Editorial Este. Última Fichaxe Nº15: Adriano Correia. Anverso e reverso do cromo.

Enlace á páxina web oficial: http://www.ligaeste.es/

Vídeo explicativo de Editorial Este.

9 comentarios:

  1. Llevo a varios años echando de menos un cambio de diseño en Ediciones Este, todos los años son muy parecidos, pero en fin..., que se le va hacer, seguiremos coeccionándols...

    ResponderEliminar
  2. cada vez menos calidad,albunes de mirame y no me toques,y para el colmo mas caro los sobres,esto ya son para ricos,ojala se vaya hundiendo panini para que lo pongan mas baratos

    ResponderEliminar
  3. si tienes a villa y adriano repe te los cambio por di maria y mas

    ResponderEliminar
  4. ¿Cambiamos cromos?

    Os esperamos en http://www.cambiatuscromos.org/ somos 4.000 coleccionistas.

    ResponderEliminar
  5. ¿Encuentra alguien los famosos chicles? Por aquí, en Granada no los hay

    ResponderEliminar
  6. Hola, eu son de Vigo,estou a facer esta coleccion para a miña rapaza pequena.Teño todo feito ata a 5ª edeccion, pero nada da 6ª.E da quinta conseguinos cambiando por faltas que outro tiñan da 4ª, por internet.Sabes cando salera en Vigo a 5ª e 6ª ediccion.
    Un saludo, jose
    josevenade@hotmail.com

    ResponderEliminar
  7. Los chicles aquí ya llevan bastante tiempo, desde finales de agosto. Eso se debe a un problema de la distribuidora, si eso contacta con ellos.

    Para Jose venade, dicir que a Sexta edición ainda siu en poucos puntos, sobre todo en Madrid teño entendido. Así que supoño que tardaran entre unha ou dúas semanas,eso segundo vaian indo as ventas. Saúdos

    ResponderEliminar
  8. porque estos albunes no llegan a venezuela aqui somos coleccionistas y muy fanaticos del futbol

    ResponderEliminar
  9. soy de valera estado trujillo y me gustaria cambiar varajitas de futbol de uefa champion y del mundial tengo muchas repetidas mi correo es gregoriof2010@hotmail.com

    ResponderEliminar