viernes, 23 de julio de 2010

Lionel Potillon

Liga 03/04 de Ediciones Este. Potillon é un Coloca que se sitúa no mesmo recuadro que Jauregui.

Lionel Potillon (10-02-1974 Cluny, Francia).

Defensa central cun bo físico, e con criterio a hora de sacar o balón xogado. Súmabase ao ataque nas xogadas a balón parado.

Potillon é un claro exemplo de xogador extranxeiroque fracasou rotundamente na Real Sociedade dende finais do S XX e principios do XXI, onde só se salvan uns cantos nomes, coma os de Kovacevic, Nihat, Sa Pinto, Westerbeld ou Kvarme.
Forma parte dende o 1991, dun equipo modesto francés chamado Louans-Cuiseaux.

En 1994, ficha polo equipo no que máis destacaría, e máis tempadas xogaria: o AS Saint-Etienne. No clube onde se deu a coñecer ao mítico Platini, Potillon xogaría dende o ano 1994 ate o 2001. En total desputou 190 partidos, chegando a anotar en 9 ocasións.

No 2001 deu o salto a un dos "grandes" de Francia: o Paris Saint Germain. No clube do Parque dos Príncipes, xogaría 53 partidos en dúas tempadas.

Os bos cursos realizados na Ligue 1 fixo, que a Real Sociedade se fixase nel, no verán do 2003, despois de deixar escapar a Liga nas últimas xornadas da 2002-03.

Seguramente fóra unha fichaxe recomendada polo técnico francés Raynald Denoueix, que querría apuntalar a un equipo, para facerse forte tanto en Liga coma en Champions League.

A Real Sociedade acabaría nun decepcionante 15º posto (despois de quedar 2º en Liga a dous puntos do 1º), quedando tan só a 5 puntos do descenso, e con 30 puntos menos que a tempada anterior (76 puntos da Liga 2002-03, por 46 da 03-04).

En Champions quedaría eliminado en oitavos de final polo Olympique de Lyon por un doble 1-0. Na Liguilla, a Real Sociedade pasaría a oitavos de final, coma segunda de grupo, quedando por detrás da grandísima Juventus de Torino. O grupo completábao o Galatasaray e o Olympiakos (3º e 4º respectivamente). Nesa Champions Potillon xogou na victoria da Real Sociedade en Estambul (1-2), e na derrota en Delle Alpi por 4-2, xogando os dous partidos coma titular e os 90 minutos.

En Liga desputou 20 partidos, 18 dos cales foron coma titular, e os 18 xogounos completos. Amosáronlle 5 cartóns amarelos.

Ao rematar a tempada, e coa marcha de Denoueix, Potillon no tivo sitio no clube donostiarra e regresou a Francia, esta vez ao FC Sochaux-Montbéliard, onde desputou un total de 35 partidos e chegou a anotar un gol, en tres campañas.

Ao finalizar a 2006-07 decide colgar as botas.

Páxina oficial de Potillon no Sochaux.

1 comentario: