jueves, 15 de julio de 2010

Iñaki Hurtado

Liga 94-95 de Panini. Anverso del cromo.

José Ignacio Hurtado Capilla (26/02/1976, Logroño). Iñaki foi unha das máis firmes promesas futbolísticas de príncipio das década dos 90.

Centrocampista incansable, e recuperador de moitos balóns. Afogaba aos rivais cunha boa presión. Pódese dicir que era un centrocampista todoterreo.


Formouse nas categorías inferiores do CD Logroñés, clube co que debuta na 1º división con tan só 17 anos. Foi na tempada 88-89, onde desputou 63 minutos repartidos en 2 partidos. A tempada 89-90 vai a xogar tan só 6 minutos.

Xoga cedido no Numancia na tempada 90-91. Ante a falta de oportunidades no Logroñés, e que aínda é un xogador moi novo, decide cambiar de aires, e o Real Valladolid fíchao o verán do 91. Estuvo dúas tempadas xogando no Valladolid B, salvo en ocasións puntuais, onde foi chamado polo primeiro equipo. En dúas tempadas tan só xogou 30 minutos nun partido da 90/91 en Liga co primeiro equipo.


A tempada 93-94, foi a da súa explosión en 1º división. Esa tempada o equipo de Pucela quedaría penúltimo clasificado, salvando a categoría gracias a derrotar na promoción ao Toledo, tras perder 1-0 no Salto del Caballo na ida, e golear 4-0 no José Zorrilla no partido de volta.

O Real Valladolid desa tempada 93-94, foi unha mestura extraña de xogadores. Nese plantel Iñaki compartíu vestiario con homes coma Amavisca, Alberto, "Chuchi" Macon, Iván Rocha, Najdoski, Manuel Alfaro, Cuaresma, Walter Lozano, Damián, Xabi Gracia, Lozano, Baraja, Ramón, Txelis, Miguelo, Martín ou Correa entre outros.


Las Fichas de la Liga 94-95 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

Iñaki foi do mellor do equipo na Liga (xunto a outros coma Alberto ou Amavisca, que acabaría fichando polo Real Madrid). En Liga xogou un total de 20 partidos (14 coma titular), chegando a anotar un gol.


Liga 94-95 de Este. Anverso del cromo.

O curso seguinte non ía a ser moito mellor para o Real Valladolid, xa que nesa tempada 94-95 acabaría clasificado na penúltima posición, salvado tan só polos descenso fantasma do Celta e do Sevilla, por non presentar os aváis necesarios para participar na Liga, aínda que despois non se consumarían tales descensos que provocarían unha Liga de 22 equipos ate a tempada 96-97 "La Liga de las Estrellas". Iñaki foi o mellor do equipo, e con 2629 minutos xogados en 35 partidos de Liga, convertiuse no futbolista que máis minutos desputou no Valladolid esa tempada. Estaba visto que Iñaki iba a dar o salto a un club de maior nivel, xa que posuía unha cualidades moi boas para un xogador da súa idade, e finalmente o Valencia fíxose cos seus servicios, no verán do 95.


Liga 95-96 de Panini. Anverso del cromo.

O Valencia CF, formou un plantel para tratar de volver a Europa, e para iso fichou a xogadores coma Viola, Patxi Ferreira, Sietes ou o noso protagonista.


Las Fichas de la Liga 96-97 de Mundicromo. Iñaki comparte recadro con Goran Vlaovic. Anverso e reverso da ficha.

Iñaki permanecería no Valencia tan só dúas tempadas, nas que non tendría moitas oportunidades, nin con Luis Aragnés, nin posteriormente con Jorge Valdano, e tras haber xogado tan só 625 minutos en Liga nas dúas tempadas (en 25 partidos), abandona o club ché, e ficha pol oVillarreal CF da 2º división.

Liga 95-96 de Este. Anverso del cromo.

En Vila-Real atoparíase cun grupo moi forte, que acabaría ascendendo ao derrotar na promoción á SD Compostela (0-0 e 1-1), nunha dramática promoción que non fixo xustiza ao visto no terreo de xogo. Coinicidiu con ex-valencianistas coma Andrés Palop, Arroyo, Javi Prats, Serer ou Robert Fernández, o que nos demostra a gran complicidade que existía entres os dous clubes nese momento...hoxe en día a situación non é a mesma nin moito menos.

Aparte deses nomes, xogaron con eé no Villarreal: Paco Salillas, Pascual, Thomas Christiansen, Javi Sanchís, Aitor Arregui, Quique Medina, Alberto Saavedra, Ángel Luis, Faizulin, Milojevic, Soto, Lakabeg, Parra, Nico Hernández...o Villarreal queda 4 clasificado na temporada, e Iñaki Hurtado convértese nunha peza clave desa gran tempada.



Las Fichas de la Liga 98-99 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

Xoga un total de 32 partidos, nos que anota un gol. Ao finalizar a campaña, non sigue no Villarreal CF, e ficha por outro clube de 2º división: o Numancia de Soria.

Parece que a historia se repite, xa que Iñaki recala nun equipo formado por un grupo moi forte, onde non hai estrelas, e ninguén destaca por enriba doutro compañeiro. Iñaki volve a ser importante para o equipo, e o Numancia logra o ascenso á 1º división, tras acabar clasificado en 3º posición, pero logra o ascenso directo xa que o 2º clasificado é o filial do Atlético de Madrid.
Xoga en liga un total de 3080 minutos, en 39 partidos (tan só superado en minutos por outro ilustres coma Cacoi Morán, Octavio, Castaño e Ángel Rodríguez), logrando un total de 4 goles. Nese equipo estaban aparte dos citados, Javi Moreno, Palacio, Diezma, Eleder, Barbarín, Quique Medina (o que coincidiu no Villarreal), Pablo Couñago, Cortijo, Herreros...A diferenza ,con respecto ao curso anterior, é que nesta ocasión Iñaki iba a continuar no club co que conseguíu o ascenso: regresaba Iñaki á 1º división. En Soria, Iñaki alcanzou a madurez futbolística, e foi no club onde máis temporadas estivo (4 en total: dúas en 1º e dúas en 2ª).


Liga 99-00 de Este. Anverso del cromo.

Na primeira tempada do Numancia na 1º división, o club conseguíu a permanencia, que foi o obxetivo que se plantexou ao comezo da mesma. Nomes coma os de Álvaro Núñez, Muñiz, Diego Jaume, Belsúe, Iván Rocha (antigo compañeiro de Iñaki no Valladolid), Barbu, Ojeda, Pacheta, Nagore, Rivera, Rubén Navarro, Soria, Jorge Pérez, e cunha menor participación: Gabi Popescu, Manusovich, Moreau e Raúl muñóz, formaron unha plantilla prácticamernte nova á que conseguíu o ascenso.

Las Fichas de la Liga 99-00 de Mundicromo. Anverso e reverso da ficha.

O Numancia, quedou clasificado no posto 17 e salvouse do descenso. Foi a tempada do descenso do Sevilla, Atlético e Betis...e o Dépor campión de Liga con 69 puntos!! Iñaki perdería algo de protagonismo no equipo soriano chegando a desputar en liga un total de 24 partidos (15 coma titular), nos que non chegou a ver portería.


Liga 00-01 de Este. Anverso del cromo.

A tempada seguinte, a participación de Iñaki ía a aumentar moitísimo. Xogou en Liga un total de 37 partidos de Liga (34 coma titular), contando coa confianza dos tres adestradores do Numancia nesa tempada (Francisco Herrera, García Remón e Celestino Vallejo).

O Numancia, cun equipo con poucos cambios respecto aos do ano anterior (Antía, Rosu, Manel, José Manuel, Marini, David pirri, Gustavo, Clavero, Culebras...e algún que outro nome), non logrou conseguir a permanecia e quedou coma último clasificado, eso sí con 39 puntos igualado co Racing de Santader e a tan só 3 do Real Zaragoza que quedou na 17ª posición.

O outro equipo que os acompañou a 2º foi o Real Ovieu...
A tempada seguinte ía a ser moi dura para o Numancia, xa que de empezar tendo coma obxetivo o ascenso, acabou loitando por non descender. Acabou a tan só un punto da zona de descenso, concretamente na posición 17ª. Curiosamente Iñaki, co seu dorsal nº 11 ao lombo, acabou xogando coma home máis adiantado do Numancia. Un total de 37 partidos xogados e un total de 2 goles, indican que ese non é o seu rol no campo, pero o gran traballo realizado, fixo que o Real Zaragoza, que viña de facer unha temporada lamentable, o que desencadeou o seu descenso á segunda división, se fixase nel, para que fora un dos homes que se encargase de devolvelos á 1º división.

Na capital maña, Iñaki non tivo moita sorte nas dús tempadas que estivo, e foi un dos homes criticados pola bancada, incapaz de apreciar o gran traballo dun home de fútbol e talento. En total 20 partidos desputados en dúas tempadas: 10 en segunda división (02-03), e outros 10 en 1º división. Non chegou a anotar en Liga, pero si fixo un gol en Copa do Rey ante a UD Salamanca, o ano no que o Real Zaragoza alcanza o seu 6º título do torneo do KO. Este título, foi o único obtido por Iñaki Hurtado na súa carreira coma futbolista.


Las Fichas de la Liga 95-96 de Mundicromo. Anverso e reverso da ficha.

Volve ao Real Valladolid, para desputar a súa última tempada coma xogador de fútbol. O Valladolid, que baixaba de categoría na tempada 03-04, tentaba recuperar o seu sitio na 1º divisón. Os pucelanos non coseguen o seu obxetivo ate a tempada 2006-07...e esta tempada pasada volveron a descender.

Iñaki Hurtado nesa tempada 04-05 xoga tan só 10 encontros, e ao finalizar a campaña, e con 32 anos decide colgar as botas.

Liga 96-97 de Este. Anverso del cromo.

Un dos xogadores, que menos ruído fixeron pero que sempre que xogou demostrou a súa valía e entrega no terreo de xogo. Sempre quedara a dúbida, se no momento clave da súa carreira o Valencia lle dera máis oportunidades, cal sería o teito dese rapaz de 23 anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada