sábado, 31 de julio de 2010

Demis Nikolaidis

Liga 03/04 de Ediciones Este.

Demis Nikolaidis (17/09/1973 Giessen, Alemaña).

Para os máis iletrados, seguramente Nikolaidis queda na súa memoria coma un dianteiro centro do montón, cunha carreira futbolística que pasou sen pena nin gloria...só teño que dicir que o Atlético de Madrid disfrutou seguramente a un dos mellores xogadores gregos da historia, e un dos grandes diantieros centro do fútbol europeo dos últimos 20 anos.

Ariete goleador, gran traballador, e sacrificado ate as últimas consecuencias, para lograr a victoria do seu equipo.

Comeza a súa carreira futbolística cando so era un mozo no Ethnikos Alexandroupolis, modesto equipo de fútbol grego, do seu pobo. Con 20 debuta co Apollon, despois de que numerosos técnicos se fixasen nel. No Apollon permaneceu dúas tempadas (94-95 e 95-96), xogando 80 partidos e logrando anotar 38 goles.

A súa gran actuación, provocou que os grandes clubes gregos, Olympiakos FC e Panathinaikos FC, intentasen a súa fichaxe. Pero Demis mostrouse durante toda a súa carreira coma un home que defende os seus principios por enriba de todo, e marchou en 1996 ao club dos seus amores: o AEK de Athenas.

Convertiuse na aténtica estrela do AEK. Durante as tempadas que permaneceu no clube grego, conseguíu uns números impresionantes: 177 goles en 266 partidos (en liga 125 goles en 177 partidos), máximo goleador dun equipo grego en competicións europeas ( 26 goles en 51 partidos), máximo goleador da Super Liga de Grecia na 98/99, máximo goleador da Copa da UEFA na tempada 00-01. Ademáis durante ese períodoanotou en dúas ocasións 5 goles nun único partido, e é o único xogador grego en anotar 4 goles nun partido de competición europea.

Gañou en 3 ocasións a Copa de Grecia e nunha ocasión a Supercopa de Grecia de 1996.
En 2002 recibíu o trefeo Fair Play da UEFA, xa que pedíu que un gol seu non subise ao marcador por habelo anotado coa man, na final de Copa.

No ano 2003 ficha polo Atlético de Madrid, despois de manter grandes diferenzas co presidente do AEK: Makis Tsomiadis. En MAdrid, faise moi amigo de Fernando Torres, xa que nalgunha entrevista condfesou que non se perde ningún partido del...tampoco se perde os do Atlético de Madrid. No Atlético non tivo sorte coas lesións. Empezou a temporada a un gran nivel, anotando goles importantes, pero pouco a pocuco e debido a contínuas lesións foi perdendo protagonismo no equipo.
En total anotou 6 goles en 22 partidos de Liga.

Ao rematar a tempada, sorprendentemente retirouse do fútbol despois da Euro´04 , e con 31 ocupou a presidencia do AEK, despois de que Makis Tsomiadis, fora acusado de fraude.
Mantívose no cargo ate Novembro de 2008. Hoxe en día o AEK, vive nunha delicada situación económica, e Nikolaidis está no centro da polémica de todas estas críticas.

Coma xogador da selección gregsa, desputou un total de 54 partidos, chegando a anotar 17 goles. Debutou no ano 1995 nun partido fronte a Rusia. En 1999 Nikolaidis retirouse da selección xuntoa outros dous xogadores: Michalis Kasapis e Ilias Atmatsidis, debido a unha polémica sucedida na Super Liga grega.

Regresou á selección no ano 2002, depois de que o adestrador Vasilis Daniil.

O adestrador Otto Rehhagel, convertíu a Nikolaidis, no protagonista do ataque grego, e éste respondeulle con goles. Conseguiron a clasificación directa para a Eurocopa de Portugal do 2004, e pese que Nikolaidis chegou moi xusto despois do difícil ano do grego coas lesións no Atlético de Madrid, o adestrador alemán, confiou nel.

O resultado foi a brillante victoria de Grecia. Demis participou nos tres encontros da fase de grupos, nos que lle gañaron 2-1 a Francia, empatou a 1 con españa, e perdeu 2-1 contra gracia. Os dianteiros titulares foron Vryzas e Charisteas. Participou coma titular na victoria de Grecia sobre Francia (1-0), nos oitavos de final.

Aqui deixo algunha mmostra do seu gran olfato goleador, e das paixóns que desperta no AEK.

3 comentarios:

  1. Bo recordo o que se lle garda a Demis polo Manzanares. Non só pola súa muller, da que non fas referencia na entrada, pero algunha foto non estaría demais. Sétimos quedamos aquel ano cun equipo base formado polo Mono, Aguilera, Sergi, Lequi, Pablo, De los Santos, Movilla, Ibagaza, Musampa, Torres e o propio Demis, despois sustituido por Paunovic cando se lesionou. En banqueta andaban, entre outros, Aragoneses, Gaspar, Hibic, Santi, Álvaro Novo, Contra, Nano, Simeone, Arizmendi ou Javi Moreeno... chapeau, con esa merda, para Goyo Manzano, non renovado á postre

    ResponderEliminar
  2. Secundo o da foto da muller jajaja

    ResponderEliminar