sábado, 5 de junio de 2010

Dragan Skocic

Liga 94-95 de Este. Anverso del cromo.

Dragan Skocic (03/09/1968 Rijeka, Croacia). Ex-xogador de fútbol, na actualidade desempeña a función de adestrador.

Skocic foi un centrocampista, que a finais dos oitenta destacou no clube da sua ciudad natal, o HNK Rijeka.

A metade da tempada 91-92 e con 23 anos marchase do seu país, e ficha pola UD As Palmas a metade do curso 91-92, cando estaba desputando a segunda división. Skocic tan só desputa nesa Liga 332 minutos repartidos en 6 partidos. Xogadores coma Alexis, Verona, Carlos, Ianchev ou Javier, cerraronlle as portas da titularidade.

Non só foi unha mala campaña no persoal, senón que o clube canario realizaría unha tempada desastrosa e despois de conseguir 28 puntos (2 puntos por victoria) con 8 partidos gañados e nove empatados, quedaría coma último clasificado, co seu conseguinte descenso á 2ºB. Permanecería en Las Palmas unha tempada máis

Skocic ficha por un dos clubes máis modestos, pero con maior futuro e calidade da categoría de plata no famoso verán do Xacobeo 93 (posiblemente o que tivo unha maior repercusión): a SD Compostela.

Na capital da Galiza, Dragan Stocic, xogará durante as tres campañas seguintes...bueno, xogar , xogará máis ben pouco.

A tempada que máis participou foi a dos ascenso á 1º división, a 93-94. Un total de 453 minutos, repartidos en 8 partidos (tan só un completo), e o rexistro que Dragan conseguíu no ano no que os homes de Castro Santos, lograron acabar na terceira posición do campionato, e foron capaces de derrotar a todo un Raio Vaiecano nunha promoción que pasará á historia.

Skocic polo menos tivo a honra de formar parte da plantilla do Compostela, que xogou na 1º división. Foi compañeiro nas dúas tempadas que permanece no Compostela en 1º de grandes clásicos coma Fabiano, Suso Moure, Iru, Frank Passi, Nusa Ohen, Bellido, Nacho, Tocornal, Villena, Lekumberri, Modesto, Falagán, Mauro, José Ramón, Christensen, Abadía ou Festus Agu.

Nas dúas tempadas no Compos en 1ª, a súa presencia foi prácticamente testimonial, xa que na 94/95 xogou 35 minutos repartidos en dous partidos, e na 95/96 (na que a SD Compostela consegue o subcampionato de inverno) xoga tan só 15 minutos nun só partido.

Volve a cidade que o veu nacer, de novo ao Rijeka, onde ao finalizar a tempada decide colgar as botas, con tan só 27 anos.

Según algunhas estadísticas, Skocic xoga tres tempadas (2001/02, 2002/03 e 2003/04) no Novalja de Croacia. Novalja é unha das illas de Croacia, e supoñemos que se tratará dun clubes modesto, xa que dende a tempada 95/96 ate ese 2001, non se ten pista da carreira futbolística de Dragan Skocic.
Según os datos retírase no 96, así que é posible que estivese eses anos, alonxados do fútbol.

No 2005 comeza a súa carreira coma técnico, como non podería ser de outra maneira, adestra ao seu querido HNK Rijeka, onde consegue a Copa de Croacia do 2006, revalidando así o título obtido no 2005, converténdose nun adestrador moi querido pola afección local.

No 2007 ficha polo NK Interblock Ljubljana, adestrando dúas tempadas (06/07 e 07/08).

Nesta tempada 09/10, adestra no Al Shabab Al Arabi Club da Liga dos Emiratos Árabes Unidos, aínda que foi sustituído polo brasileiro Paulo Bonamigo.

Dende este modesto blog, desexamos a maior das sortes a un dos heróes daquel soño que foi a SD Compostela da metade dos 90.



ANEXO: O cromo mostrado nesta entrada, é o único cromo editado de Skocic. Xa que nin Mundicromo, nin Panini editaron ficha ou cromo del. Único cromo editado no Estado Español enténdese.


Calquera dato aportado a maiores, será ben aceptado para completar esta entrada.

2 comentarios:

  1. Grandísima entrada, Caste. Tíñalle perdida a pista por completo! De feito nin recordaba que formaba parte da plantilla que ascende a Primeira. Outra cousa que me sorprendeu foi que adestrara ao Interblock, un grande de Eslovenia.

    Eso si, 'Raio Vaiecano' fai dano aos ollos, macho xD

    Noraboa pola entrada, repito!

    ResponderEliminar
  2. Sí, el Rayo Vallecano es así en Vallecas, en Carabanchel y en Kuala Lumpur. Que yo sepa nadie dice el 'Manchester Unido'.

    Después del palito, muy entrañables estas entradas... Más ahora que el Compos se acerca a una segunda desaparición (aunque el Compos de ahora no es técnicamente el Compos, pero bueno)...

    ResponderEliminar