domingo, 2 de mayo de 2010

Jürgen Colin

Liga 08/09 de Editorial Este. Colin é a Última Fichaxe Nº45 da colección

Jürgen Romano Colin (20-01-1981 Utrecht, Países Baixos). Colin é un defensacentral que actualmente xoga no RKC Waalwijk de Holanda, pero este feito non é o que nos leva falar deste xogador.

A tempada 2008-09 Colin ficha por Real Sporting de Xixón, que regresaba á máxima categoría da Liga, despois de 11 anos en segunda división. A última vez que estivera en primeira fora a desastrosa tempada 97-98 dos Kucharski, Kosolapov, Kaiku, Trotta, Rodrigao, Popovic, Luna, Villaroya, Manolo, David Cano, e iunha innumerable cantidad de canteiranos que intentaron axudar ao equipo a lava-la imaxe do club...en total 13 puntos (e moitos chegaron cando o equipo xa estaba matemáticamente descendido) con tan só dous partidos gañados, e 37 xogadores utilizados: algo para olvidar.

O Sporting regresaba cheo de ilusión, practicamente coa mesma estructura do equipo que quedou terceiro na segunda división na 07-08, e só algunha incorporación como foron Diego Camacho, Carmelo, Maldonado ou "Pichu" Cuéllar. A estas incorporacións que se produciron no perídodo estival (en inverno sumouselle a do porteiro Lafuente, debido álesión de Cuéllar), hai que engadir a de Colin. Un central físico, experimentado, que debido a súa gran velocidade e técnica, podía ocupar a posición de lateral.

Marchou ao final da tempada con tan só dous partidos xogados, ambos completos e coma titular.

Para máis inri, hai que engadir que nos dous partidos que xogou (segunda e cuarta xornada), o equipo encaixou un total de 11 tantos...e menos mal que non xogou a 3º xornada fronte o Barcelona, onde ao Sporting caéronlle 6.

Dende aqui, non queremos botar a culpa destes resultados a Colin, que aínda que fixo malos partidos, hai que dicir que forn dúas das saídas máis difíciles do calendario da Liga.

Na xornada dúas o Sportin plantoulle cara ao Sevilla no Sánchez Pizjuán, pero acabou derrotado 4-3, despois de desaproveitar un 0-2, e cun fallo de Colin no 1º gol sevillista.

Mentres que na 4º xornada, o Sporting recibiu un 7-1 no Santiago Bernabeú, na celebración máis ridícula que eu vin na historia do fútbol, cando Raúl despois de meter o 7º, púxuse a celebralo coma un tolo...sobraba clarísimamente, aínda que tamén estaría ben máis imparcialidade na retransmisión de Antonio Esteva.

Megacraks 08/09 de Panini. Colin é un Mega Nuevo Fichaje. Anverso da ficha.

Como xa dixemos antes, menos mal que o bo de Colin non participou fronte o Barcelona no Molinón (1-6), xa que de ser así sería un central que acumularía 17 goles en tres partidos desputados.

Este ano o Sporting, aplicouse mellor o conto, e fíxose cun central que está a ser unha das revelacións da Liga, Gregory Arnolin...que curiosamente, garda un gran parecido físico con Colin.

Falando un pouco de Colin cabe destacar que de butou na primeira división holandesa co PSV Eindhoven na tempada 2001-02. Despois de dúas cesións nas seguintes tempadas ao KRC Genk de Bélxica, e ao NAC Breda de Holanda, Colin regresa de novo ao PSV para desputar a tempada 2003-04, na que xoga un total de 20 partidos.

Ao finalizar dito curso o NAC Breda fíchao, realizando unha gran tempada 2004-05.

Chama a atención aos técnicos do Norwich City de Inglaterra, onde xoga dous cursos.

Ficha no 2007 polo Ajax de Amsterdam por 100.000 dólares
. O que sucede a partir de aqui xa está contado.

Megacraks 08/09 de Panini. Vése o logo de Nuevo Fichaje no reverso da ficha

Destaca o segundo nome de Colin, Romano. Este nome recórdanos a un dos grandes da historia da Liga: Romano Sion


Falando de cromos e fichas, cabe salientar tamén, que a colección Las Fichas de la Liga 2009 de Mundicromo, non editou unha ficha de Colin, nin na edición básica nin na edición Platinum.
Tampouco se editou na colección Play Liga de Panini.

2 comentarios:

  1. Ya está el forefete metiendo su pulla al Real Madrid...

    ResponderEliminar
  2. Fueron 10 temporadas en segunda división, no 11. Saludos.

    ResponderEliminar