sábado, 8 de mayo de 2010

El Barça de las seis copas. FCBarcelona 2009-2010 Colección oficial de cromos. Panini

El Barça de las seis copas de Panini. Páxina correspondente á Copa do Rey. Momento do gol de Touré na final


Como non podía ser de outra maneira, Panini quixo homenaxear ao Barça das 6 copas nunha gran colección de 178 cromos.

El Barça de las seis copas de Panini. Portada do Album

Os cromos divídense en seccións claramente diferenciadas.

El Barça de las seis copas de Panini. Primeira páxina "El equipo eterno"

O album comeza co cromo do escudo do FC Barcelona e unha breve descripción do sentimento culé, nunha páxina titulada "El equipo eterno".


El Barça de las seis copas de Panini. Páxina adicada á Liga

A partir de ahí empeza unha serie de páxinas dedicadas aos seis títulos obtidos polo Barça (Copa, Liga, Champions, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Mundial de Clubes).


El Barça de las seis copas de Panini. Páxina adicada á Champions

Cada páxina esta adicada a un destes títulos, e consta dun croimo doble coa celebración da plantilla coa copa correspondente, do capitán no momento de alzar a copa, de un par de cromos con momentos destacados da final, ou da tempada (coma o do 2-6) e outro cromo de celebración.

El Barça de las seis copas de Panini. Páxina adicada ao Mundial de Clubes

Nestas páxinas aparece descrito como foi o título obtido, e un pe de cromo onde se narra o momento exacto da fotografía. Todo emoción.

El Barça de las seis copas de Panini. Páxina adicada a Messi

De seguido comeza as páxinas dedicadas ao adestrador, Josep Guardiola e aos xogadores da plantilla ordenados polo número de dorsal.

El Barça de las seis copas de Panini. Páxina adicada a Toure Yaya

Cada páxina dedicada a cada xogador (e a Guardiola), consta de 6 cromos: 2 para unha imaxe de corpo enteiro, un cromo de fotomatón, outro co autógrafo, outro que indica os títulos obtidos co Barcelona (no de Guardiola so contan os títulos coma adestrador e non coma xogador), e un cromo ao estilo Este, no que dividen a metada, para unha fotografía de busto e unha imaxe en acción que vai acompañada dun simpático mote, destacando: Supersónico Alves, Dandy Piqué, Bomber Bojan, Araña Pinto, Superclase Henry, Golazos Pedro, Muro Chigrynskiy, e Guerrero Toure.


El Barça de las seis copas de Panini. Páxina do mote de Maxwell: "Samba Maxwell"

Mención aparte ten o mellor mote de todos: Samba Maxwell.

El Barça de las seis copas de Panini. Páxina adicada a Piqué

Estas páxinas están acompañadas dunha ficha técnica do xogador, unha breve estadística co Barcelona, unha texto titulado sabías que? onde se narra brevemente un dato anecdótico do xogador, e un dato a destacar, todo isto marcado na esquina superior esquerda da folla co dorsal actual do xogador no Barcelona.

El Barça de las seis copas de Panini. Páxina "Yo, Cantera"

Despois de cada xogador, ven unha páxina adicada aos xogadores da canteira que proximamente (algún xa agora), convertiánse nas estrelas do Barcelona. Marc Muniesa, Fontás, Bartra, Jonathan dos Santos, Thiago e Jefrén son os representantes desta horanada de xóvenes talentos. Cada un vai acompañado da súa respectiva ficha técnica.

El Barça de las seis copas de Panini. Páxina "Va de Records" e "Força Barça".

As dúas últimas follas do album son dedicadas, unha a récords obtidos e outra de cromos máis de celebracións e festivos que enchen de colorido e dealegría a esta xoia de colección.

Como pega, que non aparezan xogadores que desputaron a tempada pasada e que xa non están no Barça como son Eto´o, Hleb, Víctor Sánchez, Gudjohsen, Sylvinho ou Jorquera, e que non este traducido ao catalán.
Unha colección indispensabe para todo Barcelonista de pro, e non para culés de postal.

El Barça de las seis copas de Panini. Páxina adicada a Bojan Krkic

Entrada dedicada a Diego, que animouse a face-la colección, e que pronto a rematará, xa verás...e a Sergio, a ver como facemos coa túa jejejeje.

El Barça de las seis copas de Panini. Páxina adicada a Chigrinskiy


Dedícolle a páxina de Bojan a Diego tamén, e dicírlle que de Ibra non poño nadiña.

7 comentarios:

  1. ¡¡¡SAMBA MAXWELL!!! Grandioso ¿Cal é o de Chygrinskiy? Eu propoño "Indixente".

    Lamentable colección, estos especiais sobre un clube en concreto son unha tontería.

    ResponderEliminar
  2. Dios! Esta no podía faltar en tu colección eh? jajajajaja

    ResponderEliminar
  3. O de Chigro é : "Muro Chygrynskiy", aínda que tamén estría ben "Toni Chygrynskiy"

    Colección máis que básica, Luís

    ResponderEliminar
  4. Preciosa. Emocioneime

    ResponderEliminar
  5. Gustaríame dende aquí, agradecerlle a Castelo o meu mentor, todos os esforzos por axudarme neste tan complicado mundo dos cromos ...

    Coma sempre un 10, estamos moi orgullosos do teu duro traballo

    PD: Que morran os culés de postal

    ResponderEliminar
  6. Bah, pareceme lamentable que un orgulloso coleccionista como ti eres faga coleccions de cromos adicadas nenas de 12 anos...

    ResponderEliminar