sábado, 10 de abril de 2010

UEFA Champions League 2009-2010: Official Sticker Album

Souleymane Diawara

Wayne Rooney

Como os últimos tres anos, Panini saca á venda a súa colección de cromos da Champions por esta época, coincidindo coa fin do descanso invernal, e a reanudación da competición para desputar as eliminatorias que chegan ate a final que se disputará este ano no Bernabeú.

Portada da colección

Como todos estes anos, a colección está formada por cromos estilo fotomatón dos 32 equipos participantes nesta edición da Champions. Cada equipo está formado por un escudo cun brillante glitter, e 16 dos xogadores que forman a plantilla do club.

Cromo de Ronaldinho no que se mostra o seu palmarés individual da Champions League

Gianluigi Buffon

A principal novidade consiste na inclusión de 14 cromos, que representan os xogadores en activo que recibiron alguún galardón por parte da UEFA (mellor xogador da Champions, mellor centrocampista...). Nestes cromos aparecen os futbolistas xogando, mostrando o cromo o corpo enteiro, cromos que recordan os In Action da colección da Euro´08 da que xa falamos neste blog.

Cromo do Balón da Champions, con sombreado glitter

Reverso dos cromos

Trae 4 típicos cromos, ao principio do Album, que serven de presentación tanto da colección como da Champions (Trofeo, Logo, Balón...).



Fernando Morientes

Páxina adicada á UEFA Women´s Champions League

Os dous últimos cromos da colección, son unha homenaxe á UEFA Women´s Champions League, ocupando unha páximna enteira, na que aparte dos dous cromos conmemorativos (Logo e Trofeo), a folla tra o palmarés da competición, e a data e o emplazamento (Coliseum Alfonso Pérez de Xetafe), da final desta tempada.

Bojan Krkic

Outro aspecto a destacar dos cromos, é a aparición do seu palmarés particular en Champions League, aparecendo enribado escudo, a silueta da champions, dos xogadores que gañaron o torneo. Se o gañaron en máis dunha ocasión, aparece o número de trofeos enriba da copa.

Didier Zokora

Como resumo a colección consta de 564 cromos. Como queixa desta colección, o tarde que chega e que aparecen todos os equipos, cando a metade deles xa están fóra da Champions (No resto de Europa esta colección véndese ao comezo da competición), así como algo de novidade no deseño dos cromos (En Inglaterra editanse fichas da Champions League, colección que aqui non chega),

Rüstü Reçber

De todas maneiras, esta colección respira e transmite toda a emoción da maior competición continental, e a relación prezo-calidade non é mala.

Páxina adicada a campaña Respect da UEFA

Adiante con ela.


John O´Shea


Vicenzo Iaquinta

Alberto Gilardino

Sinama-Pongolle

PARTICIPADE NO 11º CONCURSO "DESCUBRE O CROMO" (AÍNDA SEN RESOLVER).

3 comentarios:

  1. MUY MUY curioso vuestro blog!!! Me ha traído muchísimos recuerdos jaja. Seguiré visitándola! Un saludo!

    ResponderEliminar
  2. Interesante entrada Caste! Ademais incluíches ao futuro penta-Balón de Ouro, o señor Krkic Pérez.

    ResponderEliminar
  3. Interesante que por el medio de sus comentarios el autor incluya los cromos de algunos de sus jugadores fetiche jajaja

    ResponderEliminar