viernes, 2 de abril de 2010

Milan Luhový

Liga 90/91 de Editorial Este. O 1º cromo de Luhový de Este. Está mal escrito xa que aparece Luhovi, ao ano seguinte xa o correxiron.

Milan Luhový [01-01-1963 Ruzomberok, Checoslovaquia (hoxe Eslovaquia)]. Luhový foi un dianteiro centro rematador, un clásico bomber. Remataba con gran tino moitos dos balóns que lle chegaban, anotando así un gran número de goles cada campionato.

Debuta no ano 79 no Gumárne Puchov de Eslovaquia (hoxe FK Puchov, e fai uns anos Matador Puchov, concretamente ate o 2006. Este club enfrentouse ao Barça na Copa da UEFA 03-04, e que no Nou Camp endosoulle un 8-0, nunha exhibición dun dos mellores da historia: Ronaldinho).

Voltando a Luhový, destacar que no Gumárne Puchov xogou dúas tempadas (79-80 e 80-81) xogando un total de 27 partidos, anotando 10 goles. Xa demostraba sendo un rapaz a súa gran capacidade goleadora, aínda que xogara poucos partidos.

No ano 81 ficha polo Slovan de Bratislava. Nas tres tempadas que xoga en Bratislava desputa un total de 75 partidos, anotando 22 goles.

Xoga 6 anos no Dukla de Praga (do 84 ao 90), clube que hoxe forma parte da 2º división da liga da República Checa. O Dukla viña de ser subcampión da Liga da 83-84, quedando por detrás do Sparta de Praga. En Praga consigue unha cifras realmente espectaculares xa que en 148 partidos anota 77 goles. Consegue a Copa de Checoslovaquia do ano 85, e foi subcampión da Liga 87-88, quedando de novo por detrás do Sparta de Praga.

A mediados da campaña 89-90, o Sporting de Xixón fixouse nas suas impresionantes cifras goleadoras, e fixose cos seus servizos, para dispor dun 9 puro, cunha gran capacidade goleadora.

Na 89-90 só xogaría 444 minutos, repartidos en 5 partidos, non chegando a ver portería.


Luhový deoutou dous partidos de clasificación para o Mundial de Italia ´90 coa sua selección. Foron o 3-0 que lle endosou Checoslovaquia a Suiza en Praga, e o partido que Checoslovaqui aperdeu en Bruxelas ante Bélxica (2-1).

Italia´90 de Panini

No Mundial de Italia´90 xogaría un partido. Foi o 1º partido do campionato de Checoslovaquia, que golearía 5-1 a Estados Unidos. Luhový meteu o 5º e último gol no minuto 90. Checoslovaquia caería eliminado en cuartos de final ante Alemaña Federal (posterior campión) tras perder 1-0 con gol de Matthäus. En octavos de final Checoslovaquia golearía a Costa Rica (4-1). No grupo da primeira fase, quedarían en 2º posición, detrás de Italia, ao gañar 1-5 a Estados Unidos, 1-0 a Austria, e perder 0-2 con Italia(con goles de Schilacci e Roberto Baggio).

A súa mellor tempada iba a ser a 90-91. Con Luis Enrique como parella de ataque, Milan conseguiría anotar 16 goles en 31 partidos (2391 minutos), quedando a tres goles do pichichi Butragueño que anotou 19 goles, e a un de Aldridge que conseguiú 17, empatendo na clasificación con Manolo. Luis Enrique anotaría 14 tantos, fichando a tempada seguinte polo Real Madrid. O Sporting quedou clasificado en 5º posición, e clasificaríase para a Copa da UEFA, xa que o Atlético da Madrid (2º clasificado) gañaría a Copa do Rey ao Mallorca (1-0), clasificándose para a Recopa de Europa, deixando a UEFA para Real Madrid, Osasuna e Sporting.

Liga 91/92 de Editorial Este

A tempada seguinte (91-92), Milan non participou tanto no conxunto asturiano, xa que só xogaría 20 partidos (1604 minutos), anotando 7 goles. As lesións, unha teórica mala relación co adestrador Ciriaco Cano, que prefería poñer antes que a Milan a Munchu e a Juanele; e a presión da prensa, que inexplicablemente pedíalle máis a Luhový, foron as causas da súa marcha ao final da tempada.
Na Copa da UEFA, Luhový anotaría dous tantos, sendo un dos máximos goleadores europeos do Sporting de Xixón. En 1/32 de final o Sporting gañou 2-0 ao Partizán de Belgrado no Molinón (18-09-91) con goles de Monchu e Luhový. A volta no Inonu de Estambul(03-10-91, suponse que por peche do estadio do Partizán), o Sportingo perdeu 2-0. Acabou clasificándose ao gañar en penaltis por 2-3, cunha gran intervención do porteiro daquel partido: Emilio Isierte.
En 1/16 de final, o Sporting caería eliminado fronte ao Steaua de Bucharest. Un 2-2 no Molinón na ida (24-10-91) con goles de Luhovú e Stan en propia meta, non resultou suficiente, xa que na volta no estadio Steaua, o club rumano acabou gañando por 1-0, eliminando aos asturianos. Sería o último partido que o Sporting desputou en Europa.

A seguinte tempada Luhový ficha polo mítico AS Saint-Etienne de Francia
. En Francia tan só desputaría unha tempada na que xogou 15 partidos e anotou 2 goles.

As tempadas 1993-94 e 1994-95, Milan marcha a Grecia, onde ficha polo PAOK de Tesalónica. En Grecia volve a conseguir unha cifras aceptables, e en 42 partidos anota 16 goles.

Retírase no ano 95 cunha idade de 32 anos no K. Sint-Truidense V.V. de Bélxica, seguramente fichado no mercado invernal da 94-95, onde xoga 8 partidos e anota 2 goles.

Coa selección, Luhový xogou un total de 31 partidos e anotou 7 goles.

Na actualidade colabora nas categorías inferiores de fútbol da República Checa, e traballa como comentarista de diversos medios de comunicación.

Recopilación dos goles de Milan Luhový co Sporting.

Esta é unha entrada que vai dedicada a Toni debido a súa victoria no 9º cocurso descubre o cromo, no que aínda hai un concurso en activo sen resolver.

PARTICIPADE NO 11º CONCURSO "DESCUBRE O CROMO" (AÍNDA SEN RESOLVER).

1 comentario:

  1. La mascota de Italia'90 seguramente sea la peor de la historia jaja

    ResponderEliminar