jueves, 15 de abril de 2010

Mike Higgins

ACB 09/10 de Panini. Reverso da ficha 318 Higgins

Se unha entrada de este blogue non ten ningunha relación co fútebol, é un feito extraño e moi raro.
Unha ficha de tanta calidade, merece un pequeno oco neste humilde recuncho do coleccionismo.


Trátase da ficha de Mike Higgins, a estrela do Xacobeo Blu:Sens Obradoiro, da colección ACB 09/10.


Un xogador de 42 anos, que seguro fará todo o posible, para que o Obradoiro continúe na ACB, pese as complicacións que ten para salvarse nesta última etapa do curso baloncestístico.


A súa gran apariencia, e a súa envdiable forma física para un xogador da súa idade, súmanselle valores, como o traballo, o esforzo e un gran espírito de superación e humildade.


ACB 09/10 de Panini. Anverso da ficha 318 Higgins

Todo un crack na Compostela!!!

Anexo: Unha pena que non sexa unha ficha en acción, e sexa unha foto estilo presentación.


PARTICIPADE NO 11º CONCURSO "DESCUBRE O CROMO" (AÍNDA SEN RESOLVER).


3 comentarios:

  1. "Trátase da ficha de Mike Higgins, a estrela do Xacobeo Blu:Sens Obradoiro". Unha opinión, digamos, un tanto persoal canto menos. XD

    ResponderEliminar
  2. Nesta entrada Off-Topic xD aproveito para recomendarche que lle votes unha ollada a este link a ver que che parece D.

    http://www.historiadoceltadevigo.net/gl_ES/seccion/80/cromos/

    ResponderEliminar
  3. Antonio: Coñezo esa páxina, está moi ben si señor.

    Corti: Obxetivamente é o mellor

    ResponderEliminar