domingo, 14 de marzo de 2010

Joseba Aguirre (Fútbol 94-95 de Panini)

Liga 94/95 de Panini. Reverso do cromo

Conseguido! Despois da entrada "Sentimentos Enfrontados", na que escribía brevemente sobre todo o sentimento dun coleccionista, e a esperanza que sempre hai de encontrar e conseguir un cromo desexado con todas as consecuencias e resultados que estos sentimentos provocan na vida persoal dun mesmo. Gracias de novo o foro de cromos, e a unha gran forera conseguín o xa tan famoso cromo de Joseba Aguirre, da colección da Liga 94-95 de Panini.

Como xa explicaba na entrada correspondente, o cromo de Joseba, e unha baixa, que foi sustituída polo cromo de José Fernando Porto (o protagonista do 10º concurso "Descubre o Cromo"), que a súa vez foi tamén baixa, e finalmente o posto do album Nº106 foi para Juan Sánchez, que por aquel verán do 94, chegaba dende terras levantinas, concretamente dende o Valencia CF.

Liga 94/95 de Panini. Anverso do cromo

Outro obxetivo cumprido na miña traxectoria coma coleccionista...algún día lograrei rematar a miña colección favorita. Xa quedan menos faltas


Moitísimas gracias por todo Neus



PARTICIPADE NO 11º CONCURSO "DESCUBRE O CROMO" (AÍNDA SEN RESOLVER).

1 comentario: