sábado, 20 de marzo de 2010

Danny Szetela

Liga 07/08 de Editorial Este. Szetela é un cromo coloca que se sitúa no recuadro que ocupaban Juanjo e Aganzo (ambos foron baixas).

Danny Szetela (07/07/1987 Passaic, New Jersey, EEUU). Con Danny Szetela continuamos, unha vella debate que xa abríramos fai uns meses, sobre xogadores que fracasaron estrepitosamente na Liga durante a campaña 2007-08. Xa analizaramos os cromos e a carreira de Mathías Vidangossy, e hoxe ocupámonos deste xoven estadounidense con pasaporte polaco.

Szetela despuntou no Mundial Sub-20 que se desputou en Canadá no 2007, onde demostrou unha gran calidade e facilidade á hora de rematar a portería. Fixo 3 goles coa selección dos EEUU.


Destacou no Colombus Crew da Major League Soccer, desputando 34 partidos de Liga .Parecía que esta liga íbaselle a quedar pequena debido a súa calidade, o o seu enorme potencial. Todo facía pensar que a súa chegada a Europa, íbase a producir pronto, sobretodo debido ao interes que mostraron moitos clubes europeos no xoven Danny, interés chegados sobre todo de clubes italianos. A punto estivo de fichar pola AS Roma, pero Szetela rechazou esta oferta, así como a do Brescia e a do Newcastle United.

Las Fichas de la Liga 2008 de Mundicromo. A Ficha de Danny foi unha ficha +I

En Agosto do 2007, fichou polo Racing de Santander, no último día hábil para realizar fichaxes do mercado de verano. A verdade que esta foi unha práctica habitual no Racing de Santander durante as campañas 06-07 e 07-08, xa que a maioría de xogadores que fixeron, foron a última hora. Algún día analizarei esas fichaes do Racing de Santander, que deixaron bos cromos, e difíciles de conseguir ademáis.

En Santander, Danny non tuvo fortuna ningunha, xa que unicamente desputou un partido. Foi o 14 de novembro de 2007, nun partido de
Copa do Rey, na Rosaleda fronte o Málaga. O resultado dese partido foi 0-0. En Liga non chegaría a desputar nin un só minuto co conxunto cántabro, e o 29 de xaneiro do 2008, foi cedido ao Brescia Calcio, que nese momento estaba na Serie B italiana.
Permanecería en Italia unha tempada e media, xa que a 08-09 tamén a xogaría como cedido no Brescia. Tampouco debeu ter moita sorte no Calcia, xa que o Brescia, non executou a opción de compra que tiña sobre o xogador estadounidense.
No mercado veraniego da tempada 09-10, regresa a Major League Soccer, en concreto ficha polo DC United, equipo no que está a xogar esta tempada. Esperemos que teña sorte, e algún día poida regresar a Europa para desmostrar a calidade que fixo que moitos clubes se interesasen por facerse cos seus servizos.

Megacraks 07/08 de Panini. Szetela é unha ficha Bis, que saliú ao mercada na cuarta edición da colección. Colócase no lugar de Nikola Zigic, que foi baixa.

Aqui unha reportaxe que fixo a televisión polaca, a Danny Szetela e a Smolarek, cando coincidiron nesa tempada 07-08 no Racing de Santander.

PARTICIPADE NO 11º CONCURSO "DESCUBRE O CROMO" (AÍNDA SEN RESOLVER).

1 comentario:

  1. Hola amigo,

    Te respondí tu duda en mi blog: http://micolecciondealbumes.blogspot.com

    Saludos!

    Brayan H.

    ResponderEliminar