lunes, 15 de febrero de 2010

Nasko Sirakov

Euro´96 de Panini

Nasko Sirakov (26/04/62 Stara Zagora, Bulgaria).
Falando o outro día cun bo amigo sobre a relación entre o home e o pendente, saliú na conversa un deses tipo de pendentes que a min sempre me fascinaron, que son os de levar algo colgando dun aro. Rápidamente apareceu na miña mente, a imaxe dese cromo tan preciado, da miña colección de Panini da Euro´96.
Neste cromo Nasko Sirakov luce fachendoso, un pendente formado por un pequeno aro e un crucifixo colgando.
Este pequeno elemento dalle a Sirakov un aire de grandeza e de superioridade, que provocaría en todo defensa (se lle permitiran xogar con él), un certo sentimento de inferioridade e de medo escénico ao ter que defender a un dianteiro coma él.
Sirakov consigue elevar a arte esta maneira de levar o pendente, que aínda que ten unha relación directa cas crenzas e mundo relioxoso, fai que pouco teña que ver con iso, creando unha atmósfera que moi poucos seres vivos chegaron a conseguir...é dicir provocar un sentimento contrario con algo que está directamente relacionado co que quere conseguir.

USA´94 de Panini

No cromo da colección de USA´94 tamén de Panini, Sirakov luce unha típica cabeleira, que seguro que unida e relacionada co pendente amosado, farían unha combinación explosiva e magnífica, que sería case imposible de superar.

Deixando un pouco de lado a estética de Nasko, dicir que foi un dos mellores dianteiros da historia de Bulgaria, formando parte da mellor selección da historia do seu país, participando na xeración que maravillou a todo o mundo e que fixo unha Copa do Mundo USA´94 que pasara a historia por haber desplegado un dos mellores xogos de tódolos tempos.

Destacar que aparte de xogar no Levski de Sofía, tamén o fixo unha tempada no Real Zaragoza, e outra no Espanyol de Barcelona, anotando na Liga un total de 10 goles en 53 partidos. Xogou no Lens tres tempadas, e convertiuse no máximo goleador da Ligue 1 en dúas ocasións.
Tamén é o maior goleador da historia do Levski de Sofía, xa que anotou 165 goles en 205 partidos!!! Un auténtico escándalo. Participou con Bulgaria no mundial de México ´86 e USA´94.

Despois destes datos, non queda dúbida ningunha da grandeza deste dianteiro, que en outra ocasión podería recibir unha homenaxe coma ben se merece ao máis puro estilo Historias de Cromos.


O gol que meteu en USA´94, fronte a Arxentina.
Este é o aspecto de Nasko Sirakov na actualidade.

Influiría o seu pendente e a súa melena peculiar na súa brillante traxectoria coma futbolista?

PARTICIPADE NO 11º CONCURSO "DESCUBRE O CROMO"

PARTICIPADE NA ENTRADA SOBRE AGUSTÍN RODRÍGUEZ


1 comentario:

  1. ¿A colección da Euro'96 é túa? Xa vexo que temos que falar...

    Vaia pinta de mafioso que gasta Nasko na actualidade, a saber en qué "negocios" andará metido.

    ResponderEliminar