sábado, 13 de febrero de 2010

Agustín Rodríguez

Liga 93-94 de Este. Anverso del cromo.



Agustín Rodríguez Santiago (10/09/59 Marín, Pontevedra). Formado na canteira do Real Madrid, formou parte do Castilla que chegou ate a final da Copa do Rey, no ano 80.

Participa nos Xogos Olímpicos de Moscú ´80.

Ao ano seguinte sube á primeira plantilla con 21 anos. Debuta en 1º división o 4 de abril do ano 81, cando sustitúe ao seu compañeiro lesionado Mariano García Remón, durante un Real Madrid - UD Salamanca.


Liga 82-83 de Este. Anverso del cromo.

Participa coma titular durante a tempada 81/82 e 82/83 conseguindo o Trofeo Zamara nesta última, ao encaixar 22 goles en 29 partidos (un promedio de 0,75).

Liga 83-84 de Este. Anverso del cromo.

Sorprendentemente, o seguinte curso sería suplente, xogando tan só 3 partidos de Liga. Esa tempada arrebataríalle o posto de porteiro titular, un veteranísimo Miguel Ángel (36 anos).

Liga 84-85 de Este. Anverso del cromo.

Os anos seguintes non ían a ser moito mellores, xa que apenas participa en Liga. A tempada que máis xoga é na 85/86 con 12 partidos, debido á lesión de Ochotorena. Nese período é o porteiro titular que gaña a final da Copa da UEFA ao Colonia. Incluso na tempada 86/87 non chega a desputar nin un só minuto en Liga.

Liga 86-87 de Panini. Anverso del cromo.

Xogadores coma o xa mencionado Miguel Ángel, Ochotorena ou Buyo están sempre un paso por diante do gardamaias galego.

Liga 87-88 de Este. Anverso del cromo.

Sen desfrutar de minutos nos mellores anos da súa vida no Real Madrid, Agustín ficha polo CD Tenerife na tempada 90-91.

Liga 90-91 de Este. Anverso del cromo.

En Tenerife xoga 4 anos (da 90-91 á 93-94), onde tampouco goza dunha titularidade aplastante.

Liga 92-93 de Este. Anverso del cromo.

Na 92-93 desputa 27 partidos, sendo o ano que máis xoga en Tenerife. Manolo é o dono da portería chicharrera, e volve a compartir vestiario durante un par de tempadas con Ochotorena.

Liga 93-94 de Panini. Anverso del cromo.

Na tempada 93-94 vólveselle a reproducir unha grave lesión no hombro, durante a primeira eliminatoria da Copa da UEFA, que estaba a desputar o CD Tenerife fronte o Auxerre, e que lle obligaría a deixar o fútbol ao finalizar esa tempada con 34 anos.

Liga 91-92 de Este. Anverso del cromo.

Agustín deixou un bo recordo na isla, xa que foi un dos integrante sdo mellor Tenerife da historia, que entroupor primeria vez en Europa, e un dos heroes que lle ganaron ao Real Madrid na última xoranda da tempadas 91-92 e 92-93, e que lle serviron ao Barcelona para lograr o título de Liga.

Tras retirarse tivo un breve paso polo corpo técnico do CD Tenerife.

Liga 86-87 de Este. Anverso del cromo.

Foi comentarista deportivo. Aqui temos unha entrevista de TeleMadrid, durante a Copa do Mundo 2002. A verdade é que Agustín di algunha que outra "perla".


Liga 88-89 de Este. Anverso del cromo.

Liga 89-90 de Este. Anverso del cromo.

Liga 94-95 de Panini. Anverso del cromo.

Liga 94/95 de Panini. Cromo baixa de Agustín. Foi sustitiuído por Ochotorena, que tamén foi baixa (fichou polo Logroñés, e aparece en últimas fichaxes). Ochotorena foi sustituído por Buljubasich, este é un caso parecido ao narrado na entrada Sentimentos enfrontados, sobre Joseba Aguirre


Participade no 11º Concurso Descubre o Cromo

2 comentarios:

  1. Gran portero al que las lesiones le jugaron una mala pasada. Debería haber sido el portero del Madrid durante muchos años, por encima de Buyo. Dominio del juego aereo y mucha tranquilidad en el área eran sus principales características.

    ResponderEliminar
  2. Por cierto, una buena época de porteros gallegos en la liga. Además de Miguel Ángel y Agustín en el Real Madrid, teníamos a Amador (discreto en el Barça pero buenas temporadas en Murcia), Pereira (el tío de Agustín, en el Atlético de Madrid) y los incios de Buyo en el Sevilla. Y seguro que se me olvida alguno más por ahí...

    ResponderEliminar