domingo, 23 de agosto de 2009

Juan Arango


Juan Fernando Arango Sáenz (Maracay, Venezuela, 18 de Maio de 1980). Seguramente o mellor xogador Venezolano da actualidade, e un dos millores da historia. Un xugador que semella camiñar polo campo a cámara lenta, pero cando nadie o espera, acelera e pode resolver situacións difíciles de prever para calqueira defensor. Atesora unha enorme calidade co balón nos pes, e un gran disparo. Mediapunta habilidoso, cae ate a banda esquerda, onde realiza un bo numero pases. Ten un gran olfato de gol, realizando bos números tódalas tempadas.
Formado na canteira no Universidad Central de Venezuela, pasando por motísimas categorías inferiores. Con 17 anos debuta coma profesional, no equipo venezolano de 2º división Nueva Cádiz FC de Cumaná, equipo que ascende a tempada seguinte a primeira división coma nome de
Zulianos FC.
Ficha polo seu primeiro grande, o carismático Caracas FC na tempada 98-99. Marcha na busca d eminutos seguramente en forma de cesión, ao conxunto de segunda división Saltillo. No ano 2000 ficha polo seu primeiro club extranxeiro, neste caso o Club de Fútbol Monterrey mexicano, naquela época entrenado polo que fóra entrenador, do Albacete na súa mellor época da súa historia ("El Queso Mecánico", con grandes xogadores coma Catalí, Zalazar, Coco, Fradera...dos que xa lle dedicaremos unha boa homenaxe), e tamén por entrenar a un Real Madrid no que deixou momentos para a historia (o malo e que non no aspecto deportivo) como demostra este vídeo, tras ir perdendo no descanso do partido da tempada 93/94 Lleida-Real Madrid, que acabarían perdendo de todas formas.
Seguindo ca historia que nos compete...Arango coincide no Monterrey con dous dos xogadores mais importantes de México dese momento, Jesús Arellano e De Nigris. Esta dúas tempadas onde consigue xogar 44 paridos e anotar 6 goles, pero sobretodo destacou por ser un gran asistente e pasador. De todas formas non se consegue ningún título e foi unha gran decepción, e Juan Arango foi cedido ao Pachuca Club de Fútbol. Neste club está duas tempadas onde xoga 52 partidos, metendo na primeira 5 tantos e na segunda a nada despreciable cantdade de 11 goles. Nesa etapa e recordada a sú participación na Copa de Campións da CONCACAF do 2002 (na que se proclamarían campións), disputando 6 partidos e anotando 4 goles, destacando o Hat-trick que conseguíu nos oitavos de final contra o Delta Force.
No 2003 ficha polo Puebla FC, no que consigue no torneo apertura desputar 17 partidos (2 goles e unha asistencia). No torneo clausura desputa 19 partidos, anotando 6 goles (2 de penalti).
No verán do 2004, da o salto a Europa concretamente ao Real Club Deportivo Mallorca, club que estaba a procura dun xogador que consiga ser o líder e que marque as diferencias, debido á marcha do máximo goleador da súa historia Smauel Eto´o ao Barcelona. No equipo mallorquín vaise a adaptar rápidamente e vai ser o equipo onde se da a coñecer a nivel mundial, e onde seguramente demostra toda a súa valía. Nesa 1º tempada desputa 34 partidos e anota 6 goles. Na 05/06 desputa a 37 partidos e anota 11 goles, na 06-07 37 partidos e 8 goles. Para ser un xogador dun equipo medio, e non ser o dianteiro punta son cifras espectaculares, tendo en conta que moitos deles son de belísima factura.
Na tempada 06/07, chegan ao Mallorca xogadores coma Diego Tristán, Maxi López, segue Pisculichi (chegou no mercado invernal da 05/06), pero vai a ser él, Jonás Gutiérrez, Pereyra quen se encarguen do perigo ofensivo. E sobre todo a fichaxe dun devaluado debido a súas malas tempadas no Atletico de Madrid, Ariel Ibagaza, que volve nese verán do 06 para volver ao seu mellor nivel...e vaia se volve. Arango disputa esa tempada 37 partidos e anota 8 goles.


A tempada 07/08 vai a ser na que acade as sús mellores cifras anotadoras, xa que desputa 38 partidos e anota 12 goles, realizando unha gran campaña todo o equipo, quedándose ás portas de Europa (Dani Güiza consigue o pichichi ao anotar 27 goles). Arango desputa tódalas tempadas moitísimos minutos. O cromo que vemos enriba deste párrafo correspondese a esa tempada 07/08 da colección "Liga 07/08" da editorial Este, mentras que o cromo que abre este post, tamen e desa tempada pero da colección de tradding cards "Las Fichas de la liga" de Mundicromo.



A tempada 2008/09 iba a ser a última do xogador venezolano no conxunto isleño. Desputa 37 partidos e anota 8 goles. A ficha que mostro correspondese a colección "Megacracks 2008/2009" da editorial Panini.
Este verán 200, abandoa a disciplina bermellona, para ir a xogar a Bundesliga, concretamente ao Borussia Monchengladbach, onde lle deseamos dende este blog, a maior sorte do mundo.
Juan Arango converteuse no segundo máximo goleador da historia do Mallorca (45 goles), só por detrás do xa mencionado Samuel Eto´o.
Ca selección venezolana debuta nun partido contra Dinamarca o 27 de xaneiro do 99, no estadio José Encarnación "Pochencho" Romero, co resultado de 1-1. Participa nas Copas América dos anos ´99 ´01 ´04 e ´07,desputando respectivamente 1 partido, 3, 3 , e 4 (chegando ate os cuartos de final na edición de 2007, anotando un gol. Nas outras quedan eliminados na primeira fase e non anota).
A súa importancia non só está nos bos números e o bo xogo que deixou na illa, senón que tamén, trouxo consigo un anaco do fútbol Venezolano, tan descoñecido aqui, pero que seguro que está cheo de bos xogadores que sen facer ruído demostran a súa valía, e que loitan cun obxetivo común: Clasificar a selección Viño Tinto para unha "Copa do mundo da FIFA", e porque non gañar unha "Copa América".
Deixo aqui 3 enlaces: vídeo de arango en xeral(con música lamentble) , o golazo contra Real Sociedade , e a brutal entrada de Javi Navarro.

P.D. Esta entrada vai dedicada a Rafa, case das únicas persoas que respeto dende o punto de vista futbolístico, debido o seu coñecemento, cultura e sensibilidade por este arte. Por esos momentos nos que "perdíamos o tempo" falando de Fútbol...por todo o que me ensinaches

miércoles, 19 de agosto de 2009

Masoud Shojaei (Este 08/09)


Masoud Shojaei Soleimaini (Shiraz, Irán, 9 de Junio de 1984). Centrocampista iraní que xoga no Club Deportivo Osasuna. Extremo dereito de gran calidad técnica e gran visión de xogo. Pode tamén ocupar as posicións de interior ou mediapunta.
Comezou a sua traxectoria nos xuvenís do Saipa FC ate o ano 2002, ano no que foi contratado polo Sanat Naft, onde permaneceu só ate a tempada 2002-2003. No 2003 regresa ao Saipa Fc, club no que permanece ate 2006. En 2006 ficha polo Al-Sharjah, club no que pasa as tempadas 2006-2007, y 2007-2008. No verán do 2008, ficha polo Club Deportivo Osasuna, maravillados pola gran calidad técnica deste xogador, e debido ao gran papel realizado polo seu compatriota Nekounam que chega na tempada 2006-2007 tras facer un gran Mundial de Alemaña. A tempada 2008-2009 xoga 33 partidos e mete 3 goles, deixando unha cantidade de xogadas espectaculares (abaixo poño un vídeo dun partido Osasuna - Valencia, que é un escandalo). Ca súa selección desputa o mundial de Alemaña,xogando un só partido, debido a que aínda era moi novo. Sae no minuto 13, do último partido da fase de grupos contra Angola, sustituíndo ao seu compatriota Nosrati

Os cromos da imaxe corresponden á colección Este 2008-2009. Sendo ambos a Última Fichaxe Nº20. Para a maioría de vós, estas dúas imaxes son a mesma (unha está un poco mais amarela, pero iso é pola calidade da imaxe)...pois vai ser que non. Se vos fixades ben no nome, o cromo da esquerda pon Masoud Shojaei, mentres que o da dereita pon soamente Shojaei. Masoud Shojaei saíu só na 2º versión da colección de Este desa tempada, mentras que Shojaei saíu na 3º en adiante. Masoud Shojaei convertiuse en pouco tempo nun dos cromos habituais nas lista de faltas dos coleccionistas. Cuestións como que só saiu nunha edición coma ultimo fichaxe, que en moitos sitios non chega a segunda edición, o pásase da 1º á 3º...fai que un cromo saia moi poucas veces, e ademáis non en tódolos lugares. Converteuse en pouco tempo nun dos cromos máis reclamados en rastros, postos de venta de cromos, e na famosa casa de subasta de Internet ebay, alcanzando altos prezos en pouco tempo. Segue a haber puxas en activo por este cromo que algunhas alcanzas xa os 30€, algo extraordinario para un cromo que aínda non fixo un ano de vida.
Unha tardiña calurosa de setembro, abrín un sobre do meu querido kiosko da costa, na soidade da miña casa, no templo onde os cromos invaden todo o meu siso, e alí estaba Masoud ¡Que alegría me levei! E só uns días despois na mesma caixa tocoume a 1º imaxe de Konko do Sevilla, da que xa falerei outro día.
O cromo que só pon Shojaei, sem embargo saia moitas máis veces, e ten pouco valor a día de hoxe. Esa é a difrencia no mundo dos coleccionistas de cromos: un simple nome diferencia tanto dous anaquiños de papel.
O cromo vai ser lenda viva da mítica colección de cromos Este, e vai a entrar na súa historia coma un dos cromos máis difíciles de conseguir, que se editaron.
Masoud Shojaei é un auténtico portento do regate e da técnica.O primeiro partido que vin del foi contra o Valencia en Stembro e alucinara con el, un vídeo sobre ese partido
E este é un vídeo no Sharjah Club
P.D. Rafa, todas as propostas son interesantes, vos facede que eu non me olvido. Cedrún foi moi bo porteiro no seu tempo, o que pasa e que chegou ao Logroñes pasado de rosca con 37 anos, e a un equipo realmente lamentable.

lunes, 17 de agosto de 2009

Océano Andrade da Cruz

Liga 92-93 de Este. Anverso del cromo.

Oceano Andrade da Cruz (Sao Vicente, Cabo Verde, 29 de xullo de 1962) . Cando era só un rapaz, a súa familia emigro de Cabo Verde a Portugal. Centrocampista con chegada. Iniciou a súa carreira no equipo modesto Almada Atlético Clube, antes de da-lo salto ao Clube Desportivo Nacional. Des clube, da o salto ao equipo que o faría coñecido e onde alcanzaría os seus maiores éxitos, o Sporting de Portugal. No equipo lisboeta vai a pasar dúas etapas, a primeira comeza na tempada 1982-83, e vai permanecer ate a 1990-91.

Liga 93-94 de Este. Anverso del cromo.

Chega a Real Sociedade no verán do 91, xunto co se compatriota portugués Carlos Xabier. Esa tempada rexistra uns bos números xogando 33 partidos e anotando 7 goles. O cromo que vemos na imaxe, corresponde a tempada 92-93 da colección de Este, comparte casilla no album con Aguirre. Esa tempada 92-93, xoga 33 partidos e anota 9 goles.

Liga 93-94 de Panini. Anverso del cromo.

A tempada 93-94 iba a ser a última na Real Sociedade. Ese curso xoga 30 partidos e anota un gol. A imaxe que vemos correspondese a colección Liga 93/94 da editorial Panini.

Liga 91-92 de Este. Anverso del cromo.

Volve o equipo portugués do Sporting de Portugal, one vai permanecer ata a tempada 1997-98. Nesta segunda etapa vai a conseguir os seus unicos dous títulos da súa carreira, a Copa e a Supercopa de Portugal do ano 1995.

O cromo pertence a colección Los mejores equipos de europa, da tempada 97-98, de Panini
Retírase na tempada 98-99, con 36 anos, no Toulouse Football Club francés, onde disputa 29 partidos e anota 6 goles.

No verán de 1996, desputa a Eurocopa de Inglaterra, ca selección lusa. Quedan eliminados en cuartos de final, contra a sensación do campionato, a República Checa (1-0, Poborsky). O cromo é da colección da Euro´96 de Panini.

Vídeo sobre Oceano (pincha para ver)

jueves, 13 de agosto de 2009

Gerard Piqué (Mundicromo Quiz Game 2010)


Debido á petición dunha fervente siareria deste blog (estamos falando de bengalas da espectación que lle causa, totalmente xusftificadas por outra banda), vou dedicar esta entrada a Gerard Piqué ("Geri" para ela, que non Frank Gehry, Mr. Manel; por certo durísimas declaracións as que lle dixeches a nosa máis apasionada seguidora). Aproveito este instante porque considero que é o máis axeitado, para animar aos letores deste blog a mandar as vosas propostas, de xogadores que queredes que lle dediquemos unha entrada, xa sexa porque son os vosos xogadores favoritos, porque son xogadores lamentables, ou simplemente porque vos apetece.
[A imaxe corresponde á coleccion*...VER AO FINAL DA ENTRADA A EXPLICACIÓN (pero 1º leede todo o de Piqué) ]

Gerard Piqué Bernabeú (Barcelona, 02/02/1987), é un central do Barcelona, criado na masía, que foi fichado polo Manchester United cando aínda pertenecía aos xuvenís do blaugranas naquel caluroso verán de 2004. No equipo de Sir Alex Ferguson tivo poucas oportunidades de demostrar a súa valía nas 3 tempadas que alí estivo, disputando un total de 11 partido na Premier League (0 goles), e 4 na Champions League onde sorprendentemente anotou dous goles.



Na tempada 2006/07 foi cedido o Real Zaragoza, onde disputou en Liga 22 partidos (2 goles), e na copa do rey 6 partidos (1 gol). O cromo que vemos sobre estas palabras, corresponde á colección de Este 06/07 (si a mesma que os fomosos cromos de David Generelo!!!), onde ocupou sempre un honroso posto entre as últimos fichaxes, en concreto era o Nº25.


Na 2007/08 regresa ao Manchester United, pero a colección Megacraks 2007/08 non se olvida del, ni da súa boa tempada no conxunto maño, e reservalle a casilla 401 do ficheiro correspondente as sempre simpáticas fichas Megarevelacións, que poñen os xogadores xóvenes que destacaron no curso anterior. Gerard compartiú ese privilexio con outros dous xogadores que estaban a nacer, o león Javi Martínez do Athletic Club, e Miguel Torres do Real Madrid.


E chegou o verán do 2008. Piqué chegou a Barcelona, previo pago de 4 millóns de euros. Sen facer moito ruído, alcanzou a titularidade do equipo pero tamén se convertiu nun líder, dentro e fóra do campo. Un xogador bravo, un titán, pero con moitísima clase e con moito criterio para sacar o balón xogado dende atrás como mandan os cánones (parezo Manolo Lama no Fifa99, o último Fifa que valeu a pena...bueno a verdade e que dende aquela foron todos iguais, so actualizan as ligas e os equipos). Vemos dous cromos pertencentes a esta tempada, o de este que xa viña na platilla do Barça, non é ultimo fichaxe. E tamén o cromo "fotomatón" como dicimos no foro, da sempre criticada colección da Champions League de Panini.

E chegou o triplete, e que mellor ocasión para sacar unha colección do Barça (a verdade e que a sacaron antes de que conseguira o triplete...tamén sacaron unha colección do Real Madrid). Esta é a páxina de pique nesta bonita colección.


Quedara na memoria de todos este bonito vídeo

Espero que vos gustara esta homenaxe a este gran profesional do fútbol como é Gerard Piqué, e sobre todo a ti, querida siareira Anónima xa que vai dedicado integramente para ti.

Retomamos o que deixeia a medias antes...como esto xa é algo que non lle interesa a todos pois por eso o puxen ao final...pero veña facede un esforzo:

*...OFFICIAL QUIZ GAME COLLECTION (esto todo en letras pequenas) e ben grande LIGA 2009-2010 (xa vos direi porque este apunta), da nosa querida editorial murciana MUNDICROMO SPORT, do carismático esempre polémico Sr. Solano. Todo este roio ben, poruqe PANINI, comprou para a presente tempada os dereitos de coleccón de cromos e tradding cards da LFP. Mundicromo quedaba asi sen a súa xa lexendaria FICHAS DE LA LIGA. Cal foi a sorpresa de tódolos coleccionistas, cando mediados de xullo, sorprendenos con esta colección que ben presentada coma un xogo, consistindo na mesma mecánica que estaban levando a cabo os últimos anos ca colección fichas de la liga. Colección básica con 666 fichas, e en decembro-febreiro sacan a edición Platinum no que incluén a 2º división as fichas +III, e demáis sorpresas. Todo esto aderezado cas xa clásicas versións (securitys en tódalas posicions, jaspeados, brillantes, mates, puntas redondas e cadradas...) do que outro día xa falarei con moitísima máis calma. Pero a colección deste ano, nonm podía ser de tradding cards co que se tiveron que sacar da manga algo, e o que fixeron foi, e vez de poñer as estadísticas e traxectoria do xogador, pois poñen unha pregunta a cada un a modo de trivial pola parte posterior da card. Por suposto o tableiro do xogo (que é un papel) ben acompañado do archivador. A sorpresa foi que sacaron os sobres con 5 cards a 0,35€ dándolle un pouco nos fuciños a Panini, e a metade de xullo, cando as coleccións saen sempre por un acordo unilateral que hbían feito fai uns aniños o 14 de agosto...a colección Este de panini saíu unha semana despois da de Mundicromo.

lunes, 10 de agosto de 2009

Manninger (Megacraks 02/03)



Alexander Manniger (Salzburgo, Austria, 4 de Junio de 1977), actual porteiro da Juventus. Manniger propiciou unha fichaxe esperpéntica polo R.C.D. Espanyol, que no mercado veraniego da tempada 2002-03, fichouno do Arsenal, para loitar pola titularidade con Toni Jiménez. Ao pouco da sua presentación polo conxunto perico, o club intentou darlle a baixe debido a que o transfer non chegaba da capital inglesa. O club londinense argumentaba, que non iba a mandar nada ate que o club catalán pagase o millón e medio de euros que acordaran ambas partes. Despois desto, e sumandoille a dificil situación persoal (non se adaptou a Barcelona, e o seu pai sufría unha enfermidade), o Espanyol deulle a baixa.
A colección de Megacraks, que por aqueles anos empezaba a súa andaina, e que se convertíria a día de hoxe na única colección oficial de tradding cards da lfp (Mundicromo xa non poido editar tradding cards, e para esta tempada sacou un xogo de fichas, do que xa falarei noutra ocasión), editou a ficha de Manniger, coma Nº392, e que obviamente se convertiría en baixa.Un novo fichaxe e baixa ao mesmo tempo e algo case imposible, asi que esta ficha, xa dificil pola cuestión de ser un fichaxe, hai que engadirlle que se editaron moi poucas por ser baixa, convertendose na fichamáis dificil da historia de Megacraks.
Esta ficha chegouse a vender na famos páxina de subastas ebay por 101,5 €, e hoxe en día nunha subasta de ebay xa alcanza os 80 €

Generelo (Este 06/07)


Agosto de 2006, mañá de domingo calurosa, no salón cun partido de baloncesto de fondo, descubro nun anuncio dun periódico deportivo, que regalan un album de cromos de fútbol. Esta vez sí, dous meses despois de non atreverme co mesmo anuncio, só que nesta ocasión tiña de fondo o mundial de Alemaña 2006. Decidín que iba a empezar a colección Este de cromos correspondente a tempada 2006/07...e pensando que todo iba a acabar ahí, tres anos despois son un habitual de coleccións de cromos, tradding cards, fichas, kraks...e demáis términos "especializados" do mundo cromil, sobretodo de temática futbolística, recuperando asio unha das aficións que tiña de neno. Despois de este pequeno avance, paso deseguido a relatar a historia de hoxe. Como non ía a ser doutra maneira, ten que ver con esa querida colección miña ESTE 2006/07.
Ao abri-lo album a primeria curiosidade que me encontrei, e nunha casilla correspondente ao cromo de Generelo do Real Zaragoza. Poñía esta frase que me soaba a chino (quen o ía a dicir tres anos despois) "Se ha suprimido a Generelo por haber causado baja", eu xa sabía que había fichado polo Nástic, e sorprendido fun a mirar as páxinas deste último equipo e en efecto Generelo tiña alí o seu recuncho no album. A min empezaronseme a vir 20 preguntas a cabeza: existiría o cromo de Generelo no Zaragoza? Para que sacan a Generelo no Zaragoza se xa había fichado polo Nástic e incluso aparecía no album? Eu descoñecedor de conceptos como o de Baixa, Coloca, Dobles imaxes e ata Triples Imaxes, Cromos erróneos, non entendía nadiña. Pouco a pouco fun aclarando cuestións, gracias as respostas dos compañeiros dos meus queridos foros de intercambio de cromos: cromosdefútbol.com, e o desaparecido cambiocromos.com.
Resulta que me aclararon, que os cromos realizanos antes que o album, e hai xogadores, que xa teñen feito o cromo no equipo antiguo, e despois tamén lle dan suitio no album no seu novo equipo aparecendo dúas veces no album. De feito as baixas nas colección son habituais, xa que esta coleccións acabanas de editar en xullo, pero o qeu non e tan común e este feito que vos acabo de contar. Na colección de este ano xa non aparece ningún caso de "Se ha suprimido a ... por haber causado baja".
Pero non ía a acabar ahí o conto conmeu querido Generelo. O cromo baixa do Zaragoza conseguíno rapidísimo, de feito creo que o primeiro día que comprei sobres, pero cando o Generelo do Nástic era un dos cromos máis dificiles da colección, que naturalmente eu non tiña, descubro que acaban de sacar dobles imaxes de trs cromos Zambrotta (fichaje 12, nunca me esquecerei), Thuram e o noso amigo Generelo. Eu xa non entendía nada, pero ten fácil explicación. A moitos cromos, como aínda non debutaron co equipo ou nin se presentaron, sacan unha imaxe trucada cun programa de deseño de imaxes, e claro peganlle a cabeza ao corpo doutro compañerio, a veces fano ben e xa nin sacan outro cromo "sen trucar", outras veces aínda faceendoo horrible pasan de corrixilo. Se vos fixades, o 2º cromo da imaxe que adxunto, e un claro caso de cromo "trucado", esa é a primeira imaxen de Generealo, e a do lado a segunda imaxen xa correxida.
Esto supoñía un reto para min, xa que eu pensaba que a segunda imaxe aínda iba a ser máis dificil que a primeira (daquelas xa estaba moi metido no mundo pro dos cromos, onde os verdadeiros coleccionista teñen que ter tódolos cromos que salgan no mercado, xa sexan baixas, colocas, varias imaxes dun mesmo xogador, errores, corexidos...tiña que ter todos). Iba a ser a miña sorpresa cando unha tarde, recibín unha mensaxe privada, onde me propoñía un cambio un forero (que pena non recordar quen foi) do foro cambiocromos.com, onde el me enviaba a Generelo primeira imaxe, que sorpresa e alegría me levei, ao conseguir o que aá postre sería o meu cromo favorito e aínda o segue sendo, pola sua dificultade de conseguilo...e seguramentepor ser o cromo que realmente me enganchou a este mundo de tolos que é o de ser coleccionista de cromos. A 2º imaxen conseguina moito antes do que pensaba, un día no tren abrindo sobres, vindo da Coruña...incluso a chegeui a ter Repe! Os catro cromos de Zambrotta e Thuram, non foron tan difícilesde conseguir.

P.D. É curioso qque a 1º imaxe de Generelo aparecera ca equipación do Nástic da tempada 06/07 e sen embargo a 2º Imaxe apareza ca equipación da 05/06.

Generelo aparte de todo esto, párecme un xogador dunha clase espectacular, que non ten sorte á hora de triunfar en 1º división