sábado, 26 de diciembre de 2009

Juninho Paulista

Liga 98/99 de Ediciones Este

Osvaldo Giroldo Junior "Juninho" (22/02/73 Sao Paulo, Brasil). Juninho Paulista (chamado asi por ser de Sao Paulo e para diferenciarse de outro Juninho: Juninho Pernambucano), foi un de tantos xogadores que chegan á nosa liga co cartel de estrelas, pero que aqui non rinden, xa sexa por motivos de adaptación, problemas persoais, problemas do equipo ou que simplemente son un auténtico bluf. O caso de Juninho é confuso, xa que na Liga non rendiú ao nivel esperado, pero non se sabe se foi por culpa do seu propio rendimenteo, por culpa da gravísima lesión que sufriú, o por culpa de estar nun club que pouco a pouco estaba desangrandose lentamente, e que culminaría co famoso descenso ao inferno da tempada 99/00. Os seus amigos e familiares recordan a Juninho xogando todo o día ao fútbol, cando aínda era un neno...na praia, na rúa, no campo de adestramento...calquera era un bo lugar para que Osvaldo aumentara a súa calidade, e soñaba poder convertirse nun futbolista de éxito mundial. Comeza a súa carreira no modesto Ituano FC, club da liga paulista, no ano 1992. No ano 1993, da o salto ao un grande, ao equipo da súa cidade o Sao Paulo. No clube Paulista conseguirá numerosos títulos nas dúas tempadas que permanece (93/94 e 94/95): Copa Libertadores (1993), Supercopa Sudamericana (1993), Copa Intercontinental (1993), Recopa Sudamericana (1994), Copa Conmebol (1994) e Copa dos Campeoes (1995). No 1995 da ol salto a Europa, en concreto á Premier League : ao Middlesbrough FC. En Inglaterra vai a disputar tan só dúas tempadas, nas que aínda que chega a xogar a un bo nivel, non vai a evitar o descenso do Middlesbrough na tempada 96/97, pese a anotar 12 goles. É curioso o caso dese Middlesbrough xa que contaba cunha plantilla de moita calidade: Nicky Barmby, Fabrizio Ravanelli (que anota 16 goles), Emerson ou Branco.
Desputa e gaña a Copa Confederacións coa selección Brasileira, ao derrotar na final por 6-0 a Australia.

Liga 97/98 de Ediciones Este

No verán do 97, chega a Madrid para xogar co Atlético. Ese verán o equipo clchonero refórzase con moitísima ambicion e calidades, para intentar repetir algúns dos títulos conseguidos no famoso doblete da 95/96. Juninho aparecía no Club do Manzanares como unha das estrelas da selección brasileira que desputaría o esperado Mundial de Francia´98, e por iso a ilusión da sempre sufridora afeción, aumentaba conforme se acercaba o comezo da Liga. O Atlético ficha tamén a Christian Vieri (futuro pichichi), para completar unha grandísima plantilla. O comezode Juninho no Atlético, non podería ser millor, xa que anotaría o primeiro gol do Atlético na Liga, fronte o Madrid no Bernabeú (o día do gol de Seedorf dende mediocampo).


Las Fichas de la Liga 97/98 de Mundicromo

Esa tempada o Atlético acabará na sempre discreta séptima posición. Juninho desputa 24 partidos e anota 5 goles. Deixando moi poucas mostras de calidade, do seu talentoso fútbol. A todo esto hai que sumarlle a desgraciada lesión, que sufriú debido a unha dura entrada de Míchel Salgado en Balaídos, que lle partiú o peroné da perna esquerda, e que provocou que Juninho perdérase o esperado Mundial de Francia´98. a vida de Juninho Paulista seguramente, cambiou a raíz desa desgraciada acción.
Las Fichas de la Liga 98/99 de Mundicromo

A tempada seguinte, e con Arrigo Sacchi no banquillo, a sorte de Juninho non cambiou, xa que ao técnico italiano non lle convecía o xogo deste pequeno brasileiro, e en numerosas ocasións Juninho era inquilino do banco de suplentes. A raíz da destitución de Arrigo Sacchi, e coa volta de Radomir Antic ao banquillo, Juninho volveu a xogar con máis frecuencia. Esa tempada xogaría 25 partidos e anotaría 8 goles, acabando o Atlético na décimoterceira posición.
Xa nunca máis pisaría o Vicente Calderón, e volvería a Inglaterra...de novo ao Boro, en calidade de cedido. De feito estaría cedido ata 0 2002 e diversos equipos.

No 2000 volve a Brasil para xogar no Vasco da Gama. Volve a gañar títulos e a encontrarse co seu mellor fútbol. No ano 2000 gaña o Campionato Brasileiro e a Copa Mercosur. No ano 2001 marcha de novo cedido ao Flamengo. Desputa e gaña o Mundial 2002, chegando a xogar incluso 5 minutos da final que Brasil xoga contra Alemaña, ao entrar no campo de xogo, no lugar de Ronaldinho. Despois dese Mundial, o seu pai anuncia o retorno de Juninho ao Atlético de Madrid, pero ese retorno nunca se produciú, e o club vende definitivamente a Juninho por 6 millóns de euros ao Middlesbrough.
A desgracia e mala sorte vólven a cruzarse na carreira de Juninho, e unha nova lesión vai a apartalo do fútbol durante 8 meses, pasando esa tempada en branco. Nesa tempada 2003-04 vai conseguir o seu único título en Europa ao gañar a Carling Cup ao Bolton.
A tempada 2004/05 vaina xogar co
Celtic de Glasgow, onde recibe o número 7 de Henrik Larsson, pero en escocia, non vai a ter nin sorte nin moitos minutos para demostrar a súa calidade, e volve a Brasil, para xogar no Palmeiras no 2006, e no Flamengo no 2007, club onde consegue a Taça Guaraná.
A súa última tempada (2007/08), vaina a desputar na exótica liga Australiana, en concreto no Sidney FC, onde disputa 15 partidos.
Hoxe en día Juninho, traballa coma responsable do Middlesbrough FC en Sudamérica.

Pois ésta é a historia de Juninho, un xogador hábil e veloz, desequilibrante nos 1 contra 1, debido a súa habilidade co balón e sen él, que unha fatídica lesión por unha dura entrada, cambiou a súa carreira e vida para sempre.

Como dato dicir que Juninho medía só 1,65m.
Xogador querido polas aficcións, sobre todo pola do Boro, xa que él chegou a xogar na rúa cos nenos. Tivo nunha ocasión un altercado co seu compañeiro de selección Edmundo, que lle deu un puñetazo.
Na selección xogou 50 partidos e anotou 5 goles.
Participou no
simpático anuncio da selección brasileira, que se desenrola nun aeroporto, antes do mundial de Francia 98.

Un vídeo cos mellores momentos de Juninho no Middlesbrough
Destacar esta obra maestra de un buen aficionado al Pro


No os olvidéis de el concurso que aún está pendiente de resolución, ni de la archiconocida entrada sobre Wilfred.

Entrada correspondente ao Premio de Manel, polo 1º conurso Quen son?

5 comentarios:

  1. si q te pusiste las pilas ahora en vacaciones no? cuántas entradas nuevas...anda ponte a estudiar, rapaz!

    ResponderEliminar
  2. No top-3 de entradas dende que creaches o blog. Noraboa!

    ResponderEliminar
  3. Eso, ponte a estudiar y deja de hacer entradas de mierda de peña que le metió goles al Madrid.

    ResponderEliminar
  4. Est si fue un gran jugador recuerdo la lesion que tuvo contra el Celta que fue gravisima de hay ya se vino abajo. Aplaudo tu trabajo es grandisimo. Te e comentado en mi blog que la colecion de megas hay que pedir dewse la 361 en adelante y una doble imagen que es Piscu que salio otro jugador, por la web de panini.

    si quieres me agregas al msn y podemos charlar:

    david__neto@hotmail.es

    Un abrazo muy grande y feliz año

    ResponderEliminar
  5. Kiko, un auténtico superclase en el gol de Juninho al Madrid. Genial.

    "Na sempre discreta séptima posición". Hombre, siempre... Para un grande sí, pero díselo a un Getafe o Sporting o etc etc que acaben séptimos...

    El anuncio de Brasil en el aeropuerto, uno de los mejores de la historia.

    ResponderEliminar