jueves, 24 de diciembre de 2009

Wilfred Agbonavbare (Panini 93/94)

Liga 93-94 de Panini. Anverso del cromo.

Esta entrada non é unha entrada común. Non vou a falar sobre a traxectoria futbolística dun dos mellores porteiros da historia da Liga, e seguramente o mellor porteiro da primeira parte da década dos 90 que xogou na hoxe chamada Liga BBVA. Esta entrada está adicada a un cromo en concreto, un cromo que ten un significado moi especial para min. Trátase dun cromo da archiconocida colección de Panini adicada á Liga 93/94, e que sería a última colección da Editorial sobre a Liga en formato cromo "fotomatón" (término coloquial entre os círculos máis selectos e sabios do mundo do coleccionismo de cromos de fútbol). O cromo de Wilfred desa colección foi na súa época o "cromo maldito", xa que ata en duas ocasións (non sei se incluso serían 3) despois de pasar moitísimo traballo para conseguílo, desapareceu sen deixar rastro ningún...falamos do ano 93.

Unha mañá despois de intercambialo na escola (un cromo que desexaba ter a toda costa), aparecín todo fachendoso en casa, disposto a presumir do cromo intercambiado...pero non estaba, desaparecera do meu "patote". ¡Unha desilusión! xa aparecería outra vez, pensei. E así foi. 

Tíveno de novo no me poder (a través dun cambio), e a maldición volveu a cruzarse no duro camiño da miña historia. Nesta ocasión a desgracia sucedeu na casa dos meus avós. Recordo perfectamente coma se fora hoxe que pousei o cromo de Wilfred enriba do vello televisor que tiñan no comedor. Saín 5 minutos...como máximo 10, e ó volver non había rastro del. Nin no chan, nin no balde do lixo...nada. Prometéronme que non o  colleran. O misterio volveu a apoderarse da miña humilde colección, un drama.

Como xa dixen antes, non estou seguro que me sucedera o mesmo nunha terceira ocasión, pero puido ocurrir perfectamente.

Asi foi como tras anos desexando ter ese cromo, ó volver retomar a colección para tratar de acabala (aínda sigo nese obxetivo, dificilmente conseguíble debido a cromos imposibles de conseguir como son a última fichaxe Romario polo Barça, fíxenme con él, e permanece pegado no meu album ao lado de Toni Jiménez, e con todo o equipo do Raio Vallecano completo, mostrando a xenreira e carraxe características e de gran valor contra clubs con xogadores e hinchadas noxentas.

Outro dato característico desta colección foi o cromo de Zubizarreta, outro cromo que sempre desexei ter no meu poder. Ademáis era un cromo que todo o mundo tiña, e que en teoría era moi fácil de conseguir...eu aínda o conseguín fai un par de anos. Outro cromo maldito foi Molina no Atlético de Madrid da colección Liga 96/97 de Panini.

2 comentarios:

  1. No había leído esto hasta ahora, lo reconozco, pero discrepo en que haya sido uno de los mejores porteros de la historia de la liga e incluso de la primera mitad de los 90. Y eso que mi recuerdo no es que sea muy nítido, pero me da para saber eso.

    ResponderEliminar
  2. Recuerdo que una de las veces lo habías encontrado en el suelo. Aunque estaba un poco dañado por la aspereza del patio del colegio, lo guardaste con sumo cuidado para poder pegarlo en el álbum y poder cumplir ese anhelo de niñez. No contabas, sin embargo, con la conocida desde entonces "Maldición de Wilfred"...

    ResponderEliminar