martes, 8 de septiembre de 2009

Tato Abadía

Liga 95-96 de Este. Anverso del cromo.

Agustín Abadía Plana (15/04/1962 Binéfar, Huesca). Volante zurdo. Podemos definir a Abadía coma un xogador de equipo, moi voluntarioso...un auténtico pulmón para o equipo, pero non dotado dunha técnica exquisita. Comeza a súa carreira no Club Deportivo Binéfar (1980-1984), en terceira división, equipo co que lograría ascender a 2ª División. Este feito fixo que diversos clubes de segunda se interesaran polos servicios do "Tato" Abadía. E foi o CD Logroñés, o que acabou fichando a Abadía no verán do 84. O Logroñés había ascendido esa tempada a segunda divión. Ese curso, o equipo fai un exercicio espectacular quedando 6º na clasificación. A tempada seguinte, o club consegue malos resultados quedando 16º con 33 puntos (Liga de 2 puntos por victoria) a 2 puntos do descenso. E chegou a tempada 1986-87, a do Play-off loquísimo que propuxeron sen ningún éxito. A directiva do CD Logroñés, deseñou unha boa plantilla co obxetivo de subir á 1º división. Obxetivo que acabaría conseguindo. Na campaña regular, o CD Logroñés queda terceiro (só por detrás do Depor e Valencia). No play-off de ascenso tócalle no grupo do Valencia, Recreativo, Hércules, Elche e Bilbao Athletic (que non sei para que xoga se non podía subir por estar en 1º o gran ATHELTIC CLUB de Bilbo). O Logroñés queda segundo dese grupo, por detrás do Valencia. Pero consegue ascenser xunto o conxunto che, e o Celta de Vigo.

Liga 87-88 de Este. Anverso del cromo.

E chegou a campaña 87-88, a do seu debut en 1º división, que se produciría o 29 de agosto de 1987 contra o Valencia, perdendo o Logroñés 2-0. Esa tempada o Logroñés quedaría décimoterceiro. Desputa esa Liga 25 partidos, e anota un gol. Na tempada seguinte (88-89) Abadía xoga os 38 partidos de Liga (só un coma suplente), e anota dous goles. Convértese nun dos referentes do CD Logroñés que caracterizábase pola súa loita e garra no campo. Acabaría a Liga no posto 14 con un punto máis que o ano anterior (33 da 87/88, polos 34 da tempada 88/89).


Liga 89-90 de Este. Anverso del cromo.

No verán de 1989, o Atlético de Madrid, fixouse en él para reforzar o seu mediocampo. Abadía non iba a ter moitas oportunidades de demostrar o seu potencial, e só estaría esa campaña no conxunto colchonero, desputanto tan só 15 partidos en Liga sen anotar ningún gol.


Liga 90-91 de Este. Anverso del cromo.

Na tempada 1990/91, volve a súa casa, ao CD Logroñés realizando unha moi boa campaña, xa que o equipo queda en Liga no 10º posto a só cinco puntos da Copa da UEFA. Desputa 33 partidos en Liga e anota 2 goles. Na tempada 1991/92, o equipo volve a repetir décimo posto e tamén a cinco puntos da UEFA, pero esta vez con un punto menos (36).

Liga 92-93 de Este. Anverso del cromo.

Na seguinte campaña (92/93), a que iba a ser a súa última campaña na segunda etapa do "Tato" Abadía no club rioxano, o Logroñés remata a tempada décimoquinto a catro puntos do descenso que o marcaba o Espanyol. Esa tempada Agustín desputaba en Liga, 38 partidos e anota a nada despreciable cifra de 5 goles.

Liga 93-94 de Panini. Anverso del cromo.

Na tempada 1993/94, iba a comezar unha nova etapa na vida futbolística do xogador do que nos estamos a ocupar, decide fichar pola SD Compostela. O Compostela gobernado por Xosé María Caneda, e adestrado por Fernando Castro Santos, realiza unha platilla de gran calidade e garra para afrontar unha dura segunda división, na que levaba dous anos quedando na 91/92 de oitavo e na 92/93 de décimosegundo. Abadía uniuse a outros nomes ilustres na historia da SD, coma Iru, Nacho, Fabiano, Bellido, Tocornal, Goyo, Modesto I, Modesto II, Víctor, Nusa Ohen, Pichi Lucas, Óscar, Docobo, Skosic, José, Bodelón, Nacho, Suso Moure...xa paro xa paro que se non estou aqui ata mañá jejejeje. Ao final da campaña 93/94, cumpriuse o soño a SD Compostela ASCENDÍA Á 1º DIVISIÓN! Pero non se sufrimento. En liga quedaban nunha gran 3º posición, só por detrás do Espanyol e do Real Betis...e a só dous puntos dos cataláns. A promoción enfrentaba o equipo da capital, o Compos, co de outra capital: Vallecas. Exacto a promoción iba a ser Raio Vallecano - SD Compostela. Despois do 1-1 en Vallecas (incluíndo un penalti marrado por Hugo Sánchez), e do 0-0 en San Lázaro, houbo un partido de desempate desputado en Ovieu (porque houbo esa tempada partido de desmpate? sendo a unica promoción da historia con 3 partidos). Este terceiro encontro acabou con victoria Compostelana por 3-1. Abadía esa tempada desputaba 37 partidos e anotaba 2 goles. Xa en 1º división Abadía iba a xogar co Compostela dúas tempadas a 94/95 e a 95/96.

Liga 94-95 de Panini. Anverso del cromo.

A 94/95 iba a ser a primeira tempada do Compostela en 1º división, e reforzábase con homes como Frank Passi, Villena, Paniagua, Bent Christensen, Lekumberri...Iba a ter que sufrir o Compos, xa que se salvou no último partido de Liga ante o Tenerife, quedando decimosexto cos mesmos puntos que o Albacete que marcaba a zona da promoción.

Liga 94-95 de Este. Anverso del cromo.

Esa tempada en liga Abadía iba a desputar 36 partidos e anotar dous goles.

Las Fichas de la Liga 95-96 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

A tempada seguinte (95/96), iba a ser moi especial para o Compos, xa que se proclamaría subcampión de inverno, aínda que na segunda volta desinflouse e acabaría na décima posición, aínda asi ata o de agora é a mellor temporada na historia da SD. A esto contribuíron novas fichaxes coma José Ramón, Eraña, Virgilio, Fernando Peralta... Abadía desputa só 14 partido e non anota, na que iba a ser a súa última campaña no club Compostelano.

Las Fichas de la Liga 96-97 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

No verán do 96, volve a Logroño con 34 anos, na que sería a súa última campaña no CD Logroñés e na 1º división. A chamada Liga das Estrelas, o boom das televisións, a Ley Bosman iba a afectar de forma negativa a moitos equipos, e o CD Logroñés non iba a ser menos. Subido de categoría, despois de realizar unha das peores campañas realizas por un equipo en primeira división (94/95 colista con só 13 puntos, e 2 partidos gañados...pero liga de 2 puntos por victoria,tamen nos ocuparemos dese equipo noutra ocasión), o Logroñés regresaba a primeira división ca máxima ilusión, depsois de realizar unha brillante tempada en 2º, quedando segundo só superado polo Hércules de Alacant. Fichaxes coma o de Adzic, Kientz, Danilo, Tejera, Morales, Cedrún, Kelly (no mercado invernal), Aizcorreta, Sotero, Dulce (que tamén regresaba do Compos), Iván Rocha, y un Rubén Sosa muy pasado de vueltas ya, Zaizen (do cal en breve nos ocuparemos)... uníase Abadía. A tempada non puido ser peor, quedando o Logroñés coma último clasificado (na liga de 22 equipos), con so 33 puntos (xa nunha liga de 3 puntos por victoria), a 8 puntos do penúltimo, que foi o Hércules (outro equipo do que tamén falaremos), e a quince puntos da salvación que a marcaba o Real Ovieu no posto dazasete.Abadía, desputaría 22 partidos y non lograría marcar gol.

Las Fichas de la Liga 94-95 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

No 1997, un equipo de fútbol sala o Movilcar F.S. intentaría a súa fichaxe, pero so se quedou nun intento. Sen embargo antes de colga-las botal, Abadía desputou a súa última tempada (97/98) no Club Deportivo Binéfar. Retírase aos 36 anos, debido a unha lesión O feito máis destacable da súa carreira podémolo atopar na tempada 92/93, en concreto un 14 de marzo do 1993. Partido Real Madrid- Cd Logroñés no Santiago Bernabeú. O CD Logroñés perdía 2-0, cando Agustín Abadía bótase o equipo ao lombo, e logra anotar dous tantos que servirían para consegui-lo empate, resultado que xa non se movería. Este feito provocou que a prestixiosa revista France Football, incluíra a Agustín Abadía no mellor once da semana a nivel europeo.

Liga 95-96 de Panini. Anverso del cromo.

Comeza a adestrar a diversas categorías inferiores do CD Binéfar, ata que debuta coma adestrador do primeiro equipo no 1999. Permanece no equipo aragonés ata o 2001.
Saca o carnet de adestrador nacional, e comeza a adestrar ao CD Logroñés en 2ºB no 2002, chegando a desputar unha promoción de ascenso á 2ºA. Marcha ao Girona, equipo no que pemanece a tempada 2003/04, e comeza a 2004/05 pero é cesado a metade de tempada.

No 2007 ocupa o posto de Director deportivo do CD Logroñés, ata que o adestrador Quique Setién é cesado, o o seu posto vai ser ocupado por Tato Abadía. Dende decembro do 2008 é o adestrador do Calahorra.

P.D. Dedicado a Luis, que me pediu xa fai tempo que falara do Tato Abadía (xa me dirás porque jejejeje). Esto vai polas veces que me levas en coche jejejejeje.Un abrazo

2 comentarios:

  1. Entrada cojonuda. Acabo de flipar al ver que el amigo Abadía jugó en el Atleti, ni idea tampoco de que lo había intentado como entrenador. Un clásico en Compostela.

    ResponderEliminar
  2. Enorme entrada.
    Ya sabía yo que iba a dar mucho juego.

    El motivo de pedir esta entrada no l otnego claro ni yo. Me viene por mi cariño al Logroñés y el hecho de que uno de los cromos de este hombre se me quedó grabado en la mente...supongo que por el bigote. NPI

    Gracias David.

    Voy a meditar muy mucho mi próxima petición, pero ya te digo que será un jugador del Deportivo.

    ResponderEliminar