domingo, 6 de septiembre de 2009

Patxi Villanueva

Liga 92-93 de Este. Anverso del cromo.

Francisco Villanueva Medina (27-07-1965 Marcilla, Navarra). Porteiro do Real Club Celta de Vigo durante máis dunha década. Esta é a homenaxe que che tiña prometida Jipi (él xa sabe de que vai). Villanueva formase na canteira do Celta de Vigo, sendo unha das grandes promesas da canteira., sendo internacional absoluto na categoría xuvenil. A súa gran oportunidade chegou na tempada 1985-86 cando Maté, por aquel entonces porteiro titular do Celta lesionouse de gravidade, pero por desgracia no puido ocupar o seu posto xa que estaba a realizar o servizo militar, e o seu posto foi ocupado por Chuco, o tercer porteiro...xa ves cousas da vida, (Toni, había que investigar se nesa tempada xogou cedido nun equipo ali por onde estivera facendo a mili jajajaja, e que hai un vacío ahi sen resolver, porque na tempada 85/86 forma parte do Celta).

Liga 87-88 de Este. Anverso del cromo.

Debuta en Liga o 21-05-88, nun partido contra o Sevilla no Ramón Sánchez Pizjuán, pero lexos de ser un soño, Patxi Villanueva, non volvería a xogar no campionato ligueiro ata a tempada 1991-92, tempada na que disputaría coma titular, debido a que Maté (17-10-56), xa era moi veterano, e era momento para deixar paso a un porteiro doutra xeración, e quen millor que un home que xa coñecía ben a casa, e que levaba varios anos querendo ocupar un posto na portería celtiña.Nesa Tempada 91-92 co Celta en 2º División, Villanueva vai a disputar 38 partidos encaixando 26 goles, unha cifra excelente para un equipo que acabaría lider e polo tanto ascendendo á 1º división (aqui deixo enlace a dous videos interesantes sobre ese feito: ( Parte1 Parte2 ). Pero un acontecemento transcendental ocurreu nese verán do 92, no que o Celta estaba preparando unha boa platilla que fora competitiva nesa tempada 92-93 (ata houbo unha curtametraxe,aínda que ten un fallo terrible, xa que será feito anos despois e a camiseta que ten é a da tempada 93/94 e 94/95 (non sei se a da 94/95 tamén, terei que confirmalo) , que a tiña eu jajaja), para afrontar o difícil reto da permanencia en 1º división. 

Liga 93-94 de Este. Anverso del cromo.

A plantilla formada por homes como Gudelj, Juric, Gil, Atilano, Mandiá, Otero, Vicente, Mosquera ou Salillas, unirónse clásicos coma Vicente Engonga, Ratkovic (o superclase do Celta), Patxi Salinas, Alejo, Tito Vilanova (agora famosísimo por ser o 2º de Pep Guardiola), Salva, Cela, e sobre todo Cañizares, que foi o feito transcendental do que falabamos antes. Villanueva pasou á sobra as duas tempadas que estivo Santi Cañizares en Vigo (92-93 e 93-94). Na 92-93 desputou 2 partidos e encaixou 2 goles, mentres que o seu compañeiro Cañizares, desputaba 36 partidos e encaixaba 30 goles, conseguindo o trofeo Zamora cun coeficiente de 0,83 (compartido con Liaño do Deportivo).


Liga 93-94 de Panini. Anverso del cromo.

Na tempada 93-94 nin chegou a xogar un so minuto na Liga, xogando todos Cañizares. Na tempada 94/95, Cañizares marchará ao Real Madrid, e Patxi Villanueva disputaría 27 partidos de Liga onde encaixaría 34 goles. Os outros once partidos xogaríaos Cano, porteiro que chegaría ese verán procedente do Real Madrid.

Liga 94-95 de Panini. Anverso del cromo.

Nas dúas seguintes tempadas que esta no Celta, a 95/96 e 96/97 está á sombra doutros dous destacados porteiros da entidade celeste. Toni Prats, chega no verán do 95 procedente do Mallorca tras facer unhas boas campañas no conxunto bermellón e converterse nun dos porteiros con maior proxección.

Las Fichas de la Liga 95-96 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

Liga 95-96 de Este. Anverso del cromo.

Esa campaña 95-96 Patxi Villanueva, desputa un partido e encaixa un gol. No verán do 96, Toni Prats ficha polo Real Betis, e traen a un porterio francés procedente do PSG, que estaba a sombra do incombustible Lama. Dutruel deu un moi bo resultado ao Celta, deixando a Villanueva relegado como tantas outras veces nun segundo plano, desputando un so partido de liga e non encaixando ningún gol.

Las Fichas de la Liga 96-97 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

A única única aparición de Patxi Villanueva na Liga desa tempada 96-97 iba a ser fundamental, xa que o Celta xogaba a súa permanecia na 1º división, o partido era no estadio José Zorrilla de Valladolid. No minuto 22, Dutruel comete un penalti e o arbitro expulso o gardamaias francés, tendo que saír Villanueva. Ademáis de para-lo penati, Patxi realiza unha soberbia actuación, e o Celta acaba gañando 0-1 gracias o único tanto de Moisés, e ademáis case todo o partido con 10 xogadores.

Liga 96-97 de Este. Anverso del cromo.

Ao final desa tempada Villanueva abandoa o Celta e marcha rumbo o Levante da 2º división, equipo no que desputa esa tempada 97/98 36 partidos (3195 minutos). O Levante queda colista e descende a 2ºB.

Las Fichas de la Liga 94-95 de Mundicromo. Anverso y reverso de la ficha.

Posteriormente Villanueva xoga nos modestos equipos Peña Sport, e Gondomar onde se retira no 2002 (ahi algún de vos que pode contar un pouco máis sobre esta etapa jejejeje). Actualmente Villanueva é o adestrador de porteiros do Celta de Vigo. A maior parte da súa carreira vinculado ao equipo vigués, e aínda por anos podeo a estar. Desexamoslle dende aqui a mellor sorte do mundo a este grandísimo porteiro.

Liga 94-95 de Este. Anverso del cromo.

Pois esta é a historia de Patxi Villanueva, un porteiro que viviú moitos anos á sombra de grandes porteiros, pero hai que recoñecerlle que os seus números son moi bos. En liga co Celta desputou 70 partidos e encaixou 63 goles, bos números para un equipo que non atravesaba os seus mellores momentos, pelexando sempre polo descenso e incluso chegando a descender. Eu recordo que era un arqueiro, en boa forma fisica, áxil, bo nas saídas e defendíase ben nos mans a mans.

Liga 95-96 de Panini. Anverso del cromo.

P.D. Esta é unha entrada dedicada ao Jipi, a ver se nos conta algo sobre Patxi Villanueva xa que el puido compartir vestiario con él en algunha ocasión.

Liga 96-97 de Panini. Anverso del cromo.

Asi xa non te celas de que tivera unha entrada para Rafa e para ti nada jejejeje.Un abrazo

9 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. "Eu recordo que era un arqueiro, en boa forma fisica, áxil, bo nas saídas e defendíase ben nos mans a mans."

    Con esta descripción podémoslle alcumar coma "O Buffon navarro". Por certo, 70 partidos en 12 tempadas non son o que eu chamo "bos números".

    ResponderEliminar
  3. Estiven buscando información sobre ese ano no que cumpriu coas obrigacións co Estado Español (aproveitando o lamentable partido de baloncesto) pero non atopei nada referente a unha cesión a outro equipo, algo habitual nesa época para evitar a falta de partidos durante ese período.

    Simplemente correxir que o porteiro que aproveitou temporalmente a lesión de Maté foi Chuco (non Chico). No mercado de inverno trouxeron a un porteiro galego do Atlético de Madrid, Pereira, tío do tamén gardameta Agustín (Real Madrid e Tenerife). Pereira tiña ata a pasada tempada, o honor de se-lo último porteiro galego en xogar coa camisola celtiña.

    ResponderEliminar
  4. Corrixo o de Chico por Chuco. seguiremos atentos a todas as anotacións jejejeje.Por certoa tempada pasada so xogaron como porteiros n Celta Falcón e Notario, e ningún é galego. Aquen te refires?

    ResponderEliminar
  5. Impresionante entrada, cando me dixeches que tiñasme unha preparada, a verdade e que non contaba con isto para nada.

    Enormemente agradecido.

    Pois este señor cando eu era cadete, e xuvenil de primer ano iba a entrenar a gondomar no seu porsche 911, que canto menos, chamaba algo a atencion entre as demais tartanas.

    Nunca cheguei a saber porque xogou en gondomar, estando claro que por cartos non era que os soldos non eran gran cousa
    XD

    Falo dunha das mellores etapas do gondomar, consolidado en terceira division dende facia anos, o ano de marchar el se non me equivoco descendeu a preferente (buscarei a reportaxe que lle fixo "el dia despues" porque era o unico equipo de españa sin gañar un partido despois da primeira volta (aqui a memoria fallame, non podo concretar) e logo despois de 3 anos a cada cal peor, agora esta tristemente en 1º rexional con mais pena que gloria.

    Pois por cuestion de un ano no puiden ser suplente deste señor, polo menos uns partidos. Pero era unha gozada velo entrenar, non porque fose espectacular, que os anos e a forma fisica faciano ir xusto xa, senon nos ambitos oscuros e mais complicados dos porteiros onde a experiencia manda, saidas por alto (como doen os recordos ahi XD) impresionante seguridade, creo recordar que sen ser muy alto en eses lances cumplia todos moi ben, os berros cos que colocaba a defensa... experiencia

    quedoume un pouco largo isto
    XD

    ResponderEliminar
  6. Refírome a Yoel, que forma parte nesta 09/10 do primeiro equipo do Celta. Expliqueino mal co da pasada tempada.

    ResponderEliminar
  7. Si, non sei se chegaria a debutar...en Liga non polo menos, supoño que en copa ou nun amistoso si.

    Jajajaja gracias por compartir as túas experiencias, algún día habrá que facer unha entrada a Donato jajajaja, que ahi xa podemos participar uns poucos máis

    ResponderEliminar
  8. Pois non era baixo, medía 1,84 ou 1,85 segundo o sitio no que mires jejejej

    ResponderEliminar
  9. Yoel firme promesa, como falcon siga tan irregular aposto por el, e mais en Vigo a xente esta moi en contra de Falcon, ainda que non creo que lle teñan moito que reprochar

    Pero non pode ser que o salamanca tire unha vez a porta e metan gol!!

    Mellor sigo estudiando
    XD

    ResponderEliminar