sábado, 5 de septiembre de 2009

Jabo Irureta

Campeonato nacional de Liga 72/73 de Editorial Este. a primeira colección de Este da historia. Irureta no Atletico de Madrid

Javier Irureta Goyena Amiano (01/04/1948, Irún). Con Irureta iniciamos, homenaxes a cromos de xogadores que posteriormente foron adestradores, cos seus respectivos cromos.
Irureta xogaba de centrocampista e ás veces de dianteiro.

Las Fichas de la Liga 98-99 de Mundicromo. A primeira tempada de Irureta no Deportivo

Coma adestrador cumpliú en case tódolos clubes no que adestrou destacando sobre todo no Deportivo

Campeonato nacional de Liga 73/74 de Editorial Este

Como xogador, iniciou a súa carreira deportiva no Real Unión de Irún, fichando no ano 1967 polo Atlético de Madrid, debutando en 1º división o 17 de decembro de 1967 no partido Atlético de Madrid - As Palmas (1-2). Esa tempada 67-68 desputou 13 partidos de liga, non anotando ningún gol. Permanecería no conxunto madrileño ata o ano 1975, conseguindo 2 Ligas (69/70, 72/73), unha Copa do Rey (1972), e unha Intercontinental (1974), metendo un gol no partido de volta, contra o Independiente de Avellaneda. Tamén xogou a famosa final da Copa de Europa que o equipo colchonero perdeu contra o Bayern Munchen. Nas oito tempadas que permanece no Atlético, xoga 208 partidos de liga e anota 48 goles neste campionato.

Liga 77/78 de Editorial Este. Xa no Athletic Club

No verán de 1975, ficha polo Athelic Club de Bilbao. Xoga 5 tempadas no conxunto bilbaíno, desputando 136 partidos en Liga e anota 22 goles. Co Athletic xoga a final da Copa da UEFA do ano 77 que perde contra a Juventus. Retírase ao final da tempada 79/80.

Liga 79/80 de Editorial Este

O cromo que vemos arriba, sería o último da Irureta como xogador...imaxinaríase él que tería tantos posteriormente coma adestrador?

A súa andanza coma adestrador comeza no Sestao na tempada 84/85. Colle o equipo en 2ºB, e na 1º tempada súbeo a 2º división. Permanece no Sestao ata a 87/88, permanecendo en 2º división, e incluso estando a punto de subir a 1º División, no desgraciado intento de Play-off que se probou sen ningún éxito da tempada 86/87. Na 88/89 toma o control do CD Logroñés da 1º división, aínda que na xornada 20 é cesado.

Liga 90/91 de Editorial Este

Na 90/91 adestra ao Real Oviedo, conseguindo a clasificación para a Copa da UEFA, por primeira vez da historia do equipo ovetense, debido ao 6º posto conseguido no campionato liguero. Na 93/94 deixa ao Racing nunha grandísima 8º plaza.

Liga 94/95 de Editorial Este

E por fin na tempada 94/95 volve a casa, para adestrar ao Atheltic Clu, aínda que a súa andaina acabou antes do pensado debido a que só durou ata a xornada 26.

Las Fichas de la Liga 96-97 de Mundicromo

Meritorias foron as dúas tempadas que adestrou a Real Sociedade. Na 95/96 colle o equipo na xornada 15. A esas alturas o equipo estaba na posición 16 da tabla, e acaba deixando o equipo na 7º posición. Na 96/97 acaba 8º.

Las Fichas de la Liga 97-98 de Mundicromo

E chega o seu ciclo nos equipos galegos. Colle ao Celta de Vigo no verán de 1997, despoi dunha tempada dificilísima na que se salvan no último partido goleando ao Real Madrid (4-0). Nesa tampada 97/98 deixa ao Celta nunha espectacular 6º posición, o que permite ao conxunto vigués poder desputar a Copa da UEFA.

Liga 2003/2004 de Editorial Este

Na tempada 98/99 empeza o seu ciclo no Deportivo de A Coruña, no que permanece ata a tempada 04/05, conseguindo grandísimos éxitos, como son a Liga da 99/00, dúas Supercopas (00 e 02), chegan ás semifinais da Champions League da tampada 03/04, que acaban perdendo contra o Oporto, realizando grandísimo partidos coma a eliminatoria contra o Milán, remontando un 4-0 de San Siro. Pero sobretodo a Copa do Rey da tampada 2001/02, o famoso "Centenariazo", levantando o trofeo nos fuciños dun Real Madrid que xa celebraba o título antes de xogalo no ano do seu centenario.

Liga 2006/2007 de Editorial Este

Tras un ano sabático, adestra con pouca fortuna ao Betis (06/07) no que non remata a tempada, situación similar ocurriu no Zaragoza (07/08). Na actualidade ocupa o posto de director da Área Deportiva do Athletic Club.

Las Fichas de la Liga 2008 (Edición Platinum) de Mundicromo

A ficha que vemso correspondese á colección Las fichas d ela liga 2008 de Mc. É da edición platinum que para os que non sepades que é trae os Top, as fichas de 2º división es a fichas+III que son as fichaxes de Inverno, os aestradores novos, ou os xogadores que non estaban incluídos na colección
Irureta é o segundo adestrador con máis partidos (612 partidos en 19 tempadas), e so é superado por Luis Aragonés. É un dos mellores adestradores da historia da Liga, debido aos seus brillantes números, conseguidos sobre todo en clubes modestos, pero él sabía sacar o máximo proveito das súas platillas. A destacar é a súa labor no fútbol galego, creando as bases do que iba a ser o mellor Celta da historia, e sobre todo, ser o encargado do rexurdimento do SúperDepor, traendo a 1º Liga a terras galegas.

6 comentarios:

  1. jajajaja no vídeo do centenariazo co audio sa SER, Lama e Poli Rincón morrendo da rabia jajajajajaja

    ResponderEliminar
  2. Un apunte por molestar un pouco.

    Non deixa de ser curioso que te esforces en escribir correctamente sen traducir Bayern Munchen (eu tamen estou a favor de respetar os nomes na medida do posible) e logo cometas o erro de escribir "independente" de avellaneda e non "independiente"...

    Grande Jabo para como ben contas sentar as bases do celta da UEFA

    ResponderEliminar
  3. Correctisimo apunte tes toda a razón xa que é Independiente, ou se me pasouo estar escribindo en galego ou cominme unha letra asi sen máis.

    ResponderEliminar
  4. Enorme post.

    Se me siguen poniendo los pelos de punta cada vez que veo las imágenes de esos momentos que tuve la suerte de vivir pegado al televisor como son todos los títulos conseguidos por mi querido Deportivo, más aun siendo parte de esa generación de deportivistas que vivimos con el amargo recuerdo del penalty de Miroslav Djukic.

    No quiero desmerecer al gran 'Jabo' Irureta, al que siempre se le acusó de tener muy poco carácter con los jugadores (véase los conflictos con Djalma, Luque, Pandiani...), pero coincidió en el club con la segunda mejor generación de jugadores que han pasado por el deportivo, algunos ya venían de la primera, como son Mauro Silva, Fran o Donato.

    Enorme post, que me ha hecho revivir buenos momentos.

    Grande David!

    ResponderEliminar
  5. Gool de falta de trashorras que sigue reclamando un post
    XDDD

    por certo, que xa me olvidaba de comentarche o espectacular que resulta que teñas todos eses cromos de Irureta, ¿Canto pagaches por eses da temporada 72/73????

    ResponderEliminar
  6. Eso, eso, queremos saber canto pagaches polos cromos XDD

    ResponderEliminar