domingo, 23 de agosto de 2009

Juan Arango


Juan Fernando Arango Sáenz (Maracay, Venezuela, 18 de Maio de 1980). Seguramente o mellor xogador Venezolano da actualidade, e un dos millores da historia. Un xugador que semella camiñar polo campo a cámara lenta, pero cando nadie o espera, acelera e pode resolver situacións difíciles de prever para calqueira defensor. Atesora unha enorme calidade co balón nos pes, e un gran disparo. Mediapunta habilidoso, cae ate a banda esquerda, onde realiza un bo numero pases. Ten un gran olfato de gol, realizando bos números tódalas tempadas.
Formado na canteira no Universidad Central de Venezuela, pasando por motísimas categorías inferiores. Con 17 anos debuta coma profesional, no equipo venezolano de 2º división Nueva Cádiz FC de Cumaná, equipo que ascende a tempada seguinte a primeira división coma nome de
Zulianos FC.
Ficha polo seu primeiro grande, o carismático Caracas FC na tempada 98-99. Marcha na busca d eminutos seguramente en forma de cesión, ao conxunto de segunda división Saltillo. No ano 2000 ficha polo seu primeiro club extranxeiro, neste caso o Club de Fútbol Monterrey mexicano, naquela época entrenado polo que fóra entrenador, do Albacete na súa mellor época da súa historia ("El Queso Mecánico", con grandes xogadores coma Catalí, Zalazar, Coco, Fradera...dos que xa lle dedicaremos unha boa homenaxe), e tamén por entrenar a un Real Madrid no que deixou momentos para a historia (o malo e que non no aspecto deportivo) como demostra este vídeo, tras ir perdendo no descanso do partido da tempada 93/94 Lleida-Real Madrid, que acabarían perdendo de todas formas.
Seguindo ca historia que nos compete...Arango coincide no Monterrey con dous dos xogadores mais importantes de México dese momento, Jesús Arellano e De Nigris. Esta dúas tempadas onde consigue xogar 44 paridos e anotar 6 goles, pero sobretodo destacou por ser un gran asistente e pasador. De todas formas non se consegue ningún título e foi unha gran decepción, e Juan Arango foi cedido ao Pachuca Club de Fútbol. Neste club está duas tempadas onde xoga 52 partidos, metendo na primeira 5 tantos e na segunda a nada despreciable cantdade de 11 goles. Nesa etapa e recordada a sú participación na Copa de Campións da CONCACAF do 2002 (na que se proclamarían campións), disputando 6 partidos e anotando 4 goles, destacando o Hat-trick que conseguíu nos oitavos de final contra o Delta Force.
No 2003 ficha polo Puebla FC, no que consigue no torneo apertura desputar 17 partidos (2 goles e unha asistencia). No torneo clausura desputa 19 partidos, anotando 6 goles (2 de penalti).
No verán do 2004, da o salto a Europa concretamente ao Real Club Deportivo Mallorca, club que estaba a procura dun xogador que consiga ser o líder e que marque as diferencias, debido á marcha do máximo goleador da súa historia Smauel Eto´o ao Barcelona. No equipo mallorquín vaise a adaptar rápidamente e vai ser o equipo onde se da a coñecer a nivel mundial, e onde seguramente demostra toda a súa valía. Nesa 1º tempada desputa 34 partidos e anota 6 goles. Na 05/06 desputa a 37 partidos e anota 11 goles, na 06-07 37 partidos e 8 goles. Para ser un xogador dun equipo medio, e non ser o dianteiro punta son cifras espectaculares, tendo en conta que moitos deles son de belísima factura.
Na tempada 06/07, chegan ao Mallorca xogadores coma Diego Tristán, Maxi López, segue Pisculichi (chegou no mercado invernal da 05/06), pero vai a ser él, Jonás Gutiérrez, Pereyra quen se encarguen do perigo ofensivo. E sobre todo a fichaxe dun devaluado debido a súas malas tempadas no Atletico de Madrid, Ariel Ibagaza, que volve nese verán do 06 para volver ao seu mellor nivel...e vaia se volve. Arango disputa esa tempada 37 partidos e anota 8 goles.


A tempada 07/08 vai a ser na que acade as sús mellores cifras anotadoras, xa que desputa 38 partidos e anota 12 goles, realizando unha gran campaña todo o equipo, quedándose ás portas de Europa (Dani Güiza consigue o pichichi ao anotar 27 goles). Arango desputa tódalas tempadas moitísimos minutos. O cromo que vemos enriba deste párrafo correspondese a esa tempada 07/08 da colección "Liga 07/08" da editorial Este, mentras que o cromo que abre este post, tamen e desa tempada pero da colección de tradding cards "Las Fichas de la liga" de Mundicromo.



A tempada 2008/09 iba a ser a última do xogador venezolano no conxunto isleño. Desputa 37 partidos e anota 8 goles. A ficha que mostro correspondese a colección "Megacracks 2008/2009" da editorial Panini.
Este verán 200, abandoa a disciplina bermellona, para ir a xogar a Bundesliga, concretamente ao Borussia Monchengladbach, onde lle deseamos dende este blog, a maior sorte do mundo.
Juan Arango converteuse no segundo máximo goleador da historia do Mallorca (45 goles), só por detrás do xa mencionado Samuel Eto´o.
Ca selección venezolana debuta nun partido contra Dinamarca o 27 de xaneiro do 99, no estadio José Encarnación "Pochencho" Romero, co resultado de 1-1. Participa nas Copas América dos anos ´99 ´01 ´04 e ´07,desputando respectivamente 1 partido, 3, 3 , e 4 (chegando ate os cuartos de final na edición de 2007, anotando un gol. Nas outras quedan eliminados na primeira fase e non anota).
A súa importancia non só está nos bos números e o bo xogo que deixou na illa, senón que tamén, trouxo consigo un anaco do fútbol Venezolano, tan descoñecido aqui, pero que seguro que está cheo de bos xogadores que sen facer ruído demostran a súa valía, e que loitan cun obxetivo común: Clasificar a selección Viño Tinto para unha "Copa do mundo da FIFA", e porque non gañar unha "Copa América".
Deixo aqui 3 enlaces: vídeo de arango en xeral(con música lamentble) , o golazo contra Real Sociedade , e a brutal entrada de Javi Navarro.

P.D. Esta entrada vai dedicada a Rafa, case das únicas persoas que respeto dende o punto de vista futbolístico, debido o seu coñecemento, cultura e sensibilidade por este arte. Por esos momentos nos que "perdíamos o tempo" falando de Fútbol...por todo o que me ensinaches

8 comentarios:

  1. Una gran pérdida la de Arango para esta liga, que no olvidemos que llegó al Mallorca gracias a Benito Floro (estaba él de entrenador y fue quien pidió su fichaje cuando era un desconocido en Europa). Uno de los grandes peloteros de la liga española del siglo XXI.

    Por cierto, qué mítico De Nigris, que no tuvo un paso afortunado por el ¿Villarreal? si no me equivoco.

    ResponderEliminar
  2. asi que ahora tu y rafa sois muy amiguitos eh...?!
    XD

    ResponderEliminar
  3. Tenemos que empezar a "perder el tiempo" de nuevo, que la temporada empieza y aún no hemos hablado del estilismo de Guardiola o de los 5 hijos de Raúl,temas fundamentales.

    PD: ¿Cómo no te puede gustar un tema cuyo estribillo es: "y es que es así, todas mueren por mi"? Es poesía pura xD

    ResponderEliminar
  4. Ya veo que el blog va a todo trapo. Te paso un enlace que puede interesarte:

    http://www.albumesycromos.com/

    Un abrazo desde la capital.

    ResponderEliminar
  5. Ya que estoy tan aburrido, voy a hacer otra petición.

    Se trata de uno de los jugadores con mejor golpeo de balón y más clase que ha pasado por la liga española en los últimos 20 años. Un centrocampista que no tuvo demasiada suerte a nivel de títulos y reconocimiento a pesar de su innegable calidad, pero que nos ha dejado grandes joyas para nuestros ojos.

    'El Maradona de los Cárpatos': Gica Hagi.

    ResponderEliminar
  6. Óscar problamente entre los últimos 10 superclases de las últimas décadas xddd. Tomaré buena nota

    ResponderEliminar
  7. la pagina de
    http://www.albumesycromos.com/ creo que es una de un forero (por otro lado normal), ya que si tienes una página pues estas en el foro jejeje

    ResponderEliminar