jueves, 13 de agosto de 2009

Gerard Piqué (Mundicromo Quiz Game 2010)


Debido á petición dunha fervente siareria deste blog (estamos falando de bengalas da espectación que lle causa, totalmente xusftificadas por outra banda), vou dedicar esta entrada a Gerard Piqué ("Geri" para ela, que non Frank Gehry, Mr. Manel; por certo durísimas declaracións as que lle dixeches a nosa máis apasionada seguidora). Aproveito este instante porque considero que é o máis axeitado, para animar aos letores deste blog a mandar as vosas propostas, de xogadores que queredes que lle dediquemos unha entrada, xa sexa porque son os vosos xogadores favoritos, porque son xogadores lamentables, ou simplemente porque vos apetece.
[A imaxe corresponde á coleccion*...VER AO FINAL DA ENTRADA A EXPLICACIÓN (pero 1º leede todo o de Piqué) ]

Gerard Piqué Bernabeú (Barcelona, 02/02/1987), é un central do Barcelona, criado na masía, que foi fichado polo Manchester United cando aínda pertenecía aos xuvenís do blaugranas naquel caluroso verán de 2004. No equipo de Sir Alex Ferguson tivo poucas oportunidades de demostrar a súa valía nas 3 tempadas que alí estivo, disputando un total de 11 partido na Premier League (0 goles), e 4 na Champions League onde sorprendentemente anotou dous goles.



Na tempada 2006/07 foi cedido o Real Zaragoza, onde disputou en Liga 22 partidos (2 goles), e na copa do rey 6 partidos (1 gol). O cromo que vemos sobre estas palabras, corresponde á colección de Este 06/07 (si a mesma que os fomosos cromos de David Generelo!!!), onde ocupou sempre un honroso posto entre as últimos fichaxes, en concreto era o Nº25.


Na 2007/08 regresa ao Manchester United, pero a colección Megacraks 2007/08 non se olvida del, ni da súa boa tempada no conxunto maño, e reservalle a casilla 401 do ficheiro correspondente as sempre simpáticas fichas Megarevelacións, que poñen os xogadores xóvenes que destacaron no curso anterior. Gerard compartiú ese privilexio con outros dous xogadores que estaban a nacer, o león Javi Martínez do Athletic Club, e Miguel Torres do Real Madrid.


E chegou o verán do 2008. Piqué chegou a Barcelona, previo pago de 4 millóns de euros. Sen facer moito ruído, alcanzou a titularidade do equipo pero tamén se convertiu nun líder, dentro e fóra do campo. Un xogador bravo, un titán, pero con moitísima clase e con moito criterio para sacar o balón xogado dende atrás como mandan os cánones (parezo Manolo Lama no Fifa99, o último Fifa que valeu a pena...bueno a verdade e que dende aquela foron todos iguais, so actualizan as ligas e os equipos). Vemos dous cromos pertencentes a esta tempada, o de este que xa viña na platilla do Barça, non é ultimo fichaxe. E tamén o cromo "fotomatón" como dicimos no foro, da sempre criticada colección da Champions League de Panini.

E chegou o triplete, e que mellor ocasión para sacar unha colección do Barça (a verdade e que a sacaron antes de que conseguira o triplete...tamén sacaron unha colección do Real Madrid). Esta é a páxina de pique nesta bonita colección.


Quedara na memoria de todos este bonito vídeo

Espero que vos gustara esta homenaxe a este gran profesional do fútbol como é Gerard Piqué, e sobre todo a ti, querida siareira Anónima xa que vai dedicado integramente para ti.

Retomamos o que deixeia a medias antes...como esto xa é algo que non lle interesa a todos pois por eso o puxen ao final...pero veña facede un esforzo:

*...OFFICIAL QUIZ GAME COLLECTION (esto todo en letras pequenas) e ben grande LIGA 2009-2010 (xa vos direi porque este apunta), da nosa querida editorial murciana MUNDICROMO SPORT, do carismático esempre polémico Sr. Solano. Todo este roio ben, poruqe PANINI, comprou para a presente tempada os dereitos de coleccón de cromos e tradding cards da LFP. Mundicromo quedaba asi sen a súa xa lexendaria FICHAS DE LA LIGA. Cal foi a sorpresa de tódolos coleccionistas, cando mediados de xullo, sorprendenos con esta colección que ben presentada coma un xogo, consistindo na mesma mecánica que estaban levando a cabo os últimos anos ca colección fichas de la liga. Colección básica con 666 fichas, e en decembro-febreiro sacan a edición Platinum no que incluén a 2º división as fichas +III, e demáis sorpresas. Todo esto aderezado cas xa clásicas versións (securitys en tódalas posicions, jaspeados, brillantes, mates, puntas redondas e cadradas...) do que outro día xa falarei con moitísima máis calma. Pero a colección deste ano, nonm podía ser de tradding cards co que se tiveron que sacar da manga algo, e o que fixeron foi, e vez de poñer as estadísticas e traxectoria do xogador, pois poñen unha pregunta a cada un a modo de trivial pola parte posterior da card. Por suposto o tableiro do xogo (que é un papel) ben acompañado do archivador. A sorpresa foi que sacaron os sobres con 5 cards a 0,35€ dándolle un pouco nos fuciños a Panini, e a metade de xullo, cando as coleccións saen sempre por un acordo unilateral que hbían feito fai uns aniños o 14 de agosto...a colección Este de panini saíu unha semana despois da de Mundicromo.

7 comentarios:

  1. Gran entrada, por certo. Océano debe ser o seguinte

    ResponderEliminar
  2. ui ui ui...con ameazas e todo. Manel, hai que tomarse a vida con máis calma home, que porque eu pida unha entradiña e ma concedan ó día seguinte, non deberías ter envexa, que é moi mala. Ademais, cónstame que es boa xente,jeje.
    Bengalas de espectación??iso é quedarse corto...que vou dicir do meu Geri...
    Vou ter que firmar para que non me acusen de non dar a cara: STELA
    E veña, va...ponlle ó Océano ese, non vaia a ser..

    ResponderEliminar
  3. Yo creo que es imprescindible una entrada sobre Arango, ese gran mediapunta que se pierde la liga xD

    ResponderEliminar
  4. Lamentable vídeo, me alegra ver que el único que no bota entre esa caterva de malas personas es Touré. Eso sí, seguramente porque no tiene ni idea de lo que dicen.

    ResponderEliminar
  5. COntestación a Corti: eso es porque es un ser superior,un Cyborg de base humanoide adelantado a su tiempo...él no celebra, sólo ejecuta

    ResponderEliminar