lunes, 10 de agosto de 2009

Generelo (Este 06/07)


Agosto de 2006, mañá de domingo calurosa, no salón cun partido de baloncesto de fondo, descubro nun anuncio dun periódico deportivo, que regalan un album de cromos de fútbol. Esta vez sí, dous meses despois de non atreverme co mesmo anuncio, só que nesta ocasión tiña de fondo o mundial de Alemaña 2006. Decidín que iba a empezar a colección Este de cromos correspondente a tempada 2006/07...e pensando que todo iba a acabar ahí, tres anos despois son un habitual de coleccións de cromos, tradding cards, fichas, kraks...e demáis términos "especializados" do mundo cromil, sobretodo de temática futbolística, recuperando asio unha das aficións que tiña de neno. Despois de este pequeno avance, paso deseguido a relatar a historia de hoxe. Como non ía a ser doutra maneira, ten que ver con esa querida colección miña ESTE 2006/07.
Ao abri-lo album a primeria curiosidade que me encontrei, e nunha casilla correspondente ao cromo de Generelo do Real Zaragoza. Poñía esta frase que me soaba a chino (quen o ía a dicir tres anos despois) "Se ha suprimido a Generelo por haber causado baja", eu xa sabía que había fichado polo Nástic, e sorprendido fun a mirar as páxinas deste último equipo e en efecto Generelo tiña alí o seu recuncho no album. A min empezaronseme a vir 20 preguntas a cabeza: existiría o cromo de Generelo no Zaragoza? Para que sacan a Generelo no Zaragoza se xa había fichado polo Nástic e incluso aparecía no album? Eu descoñecedor de conceptos como o de Baixa, Coloca, Dobles imaxes e ata Triples Imaxes, Cromos erróneos, non entendía nadiña. Pouco a pouco fun aclarando cuestións, gracias as respostas dos compañeiros dos meus queridos foros de intercambio de cromos: cromosdefútbol.com, e o desaparecido cambiocromos.com.
Resulta que me aclararon, que os cromos realizanos antes que o album, e hai xogadores, que xa teñen feito o cromo no equipo antiguo, e despois tamén lle dan suitio no album no seu novo equipo aparecendo dúas veces no album. De feito as baixas nas colección son habituais, xa que esta coleccións acabanas de editar en xullo, pero o qeu non e tan común e este feito que vos acabo de contar. Na colección de este ano xa non aparece ningún caso de "Se ha suprimido a ... por haber causado baja".
Pero non ía a acabar ahí o conto conmeu querido Generelo. O cromo baixa do Zaragoza conseguíno rapidísimo, de feito creo que o primeiro día que comprei sobres, pero cando o Generelo do Nástic era un dos cromos máis dificiles da colección, que naturalmente eu non tiña, descubro que acaban de sacar dobles imaxes de trs cromos Zambrotta (fichaje 12, nunca me esquecerei), Thuram e o noso amigo Generelo. Eu xa non entendía nada, pero ten fácil explicación. A moitos cromos, como aínda non debutaron co equipo ou nin se presentaron, sacan unha imaxe trucada cun programa de deseño de imaxes, e claro peganlle a cabeza ao corpo doutro compañerio, a veces fano ben e xa nin sacan outro cromo "sen trucar", outras veces aínda faceendoo horrible pasan de corrixilo. Se vos fixades, o 2º cromo da imaxe que adxunto, e un claro caso de cromo "trucado", esa é a primeira imaxen de Generealo, e a do lado a segunda imaxen xa correxida.
Esto supoñía un reto para min, xa que eu pensaba que a segunda imaxe aínda iba a ser máis dificil que a primeira (daquelas xa estaba moi metido no mundo pro dos cromos, onde os verdadeiros coleccionista teñen que ter tódolos cromos que salgan no mercado, xa sexan baixas, colocas, varias imaxes dun mesmo xogador, errores, corexidos...tiña que ter todos). Iba a ser a miña sorpresa cando unha tarde, recibín unha mensaxe privada, onde me propoñía un cambio un forero (que pena non recordar quen foi) do foro cambiocromos.com, onde el me enviaba a Generelo primeira imaxe, que sorpresa e alegría me levei, ao conseguir o que aá postre sería o meu cromo favorito e aínda o segue sendo, pola sua dificultade de conseguilo...e seguramentepor ser o cromo que realmente me enganchou a este mundo de tolos que é o de ser coleccionista de cromos. A 2º imaxen conseguina moito antes do que pensaba, un día no tren abrindo sobres, vindo da Coruña...incluso a chegeui a ter Repe! Os catro cromos de Zambrotta e Thuram, non foron tan difícilesde conseguir.

P.D. É curioso qque a 1º imaxe de Generelo aparecera ca equipación do Nástic da tempada 06/07 e sen embargo a 2º Imaxe apareza ca equipación da 05/06.

Generelo aparte de todo esto, párecme un xogador dunha clase espectacular, que non ten sorte á hora de triunfar en 1º división


5 comentarios:

  1. Espectacular blogue. Facía falta algo así na sociedade, ánimo! Lereino todos os días!

    ResponderEliminar
  2. Todos os días...Manel, ti non tes moitas cousas que facer,non?
    Bueno, ó que iba: neniño, se queres darlle un puco de clase a este blog vas ter que adicarlle unha entradiña a Piqué, xa sabes, ó meu Geri. Avisado quedas.
    abur

    ResponderEliminar
  3. Espectacular blog del que emana sabiduría para la ignota e iletrada masa.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo, se deras a cara tería xa outra cousa para facer á parte de ler ao meu benquerido Castelo...

    ResponderEliminar
  5. castelbaink eres mi idolo!!


    firmado_; el maestro de taikachu

    ResponderEliminar